Fidalgo logra o acordo do Senado para aprobar un sistema que posibilite a transferencia de cotas individuais (ITQs) por especie entre as empresas con condicións

Fidalgo logra o acordo do Senado para aprobar un sistema que posibilite a transferencia de cotas individuais (ITQs) por especie entre as empresas con condicións

Fidalgo logra o acordo do Senado para aprobar un sistema que posibilite a transferencia de cotas individuais (ITQs) por especie entre as empresas con condicións

O senador galego consegue que se conte coas Comunidades Autónomas, que se exclúa á frota costeira e artesanal e que sexa exclusivamente para pesqueiras que teñan establecida unha cota de pesca

Lamenta que o Goberno non ten política pesqueira e reprocha ao PP que traia iniciativas moi xenéricas ao Senado e que practique o dobre xogo na Cámara Alta que consiste en botar a culpa a Europa cando as negociacións saen mal e de aplaudir o Ministro Arias Cañete cando os resultados son positivos nas negociacións coa UE

O senador socialista galego, Miguel Fidalgo, logrou que a Cámara Alta aprobe, case por unanimidade, unha emenda transaccional redactada sobre unha moción orixinal do PP pola que se reclamaba ao Goberno desenvolver un sistema que posibilite as cotas individuais transferibles (CIT) por especie pesqueira entre as empresas.

A proposta final recollía as principais condicións reivindicadas polo propio Fidalgo e establecía que o Senado inste ao Goberno a desenvolver, en colaboración coas Comunidades Autónomas, un sistema que posibilite a transferencia de cotas individuais (ITQs) por especie entre as empresas tendo en conta que se excluirá a frota costeira e artesanal e será exclusivamente para pesqueiras que teñan establecida unha cota de pesca. Ademais, a proposta transaccional establece que o Estado se reservará parte para corrixir desequilibrios e para negociación, se é o caso, con outros Estados Membros.

Miguel Fidalgo aclarou que o seu grupo está de acordo en que as Cotas Individuais transferibles (ITQ) poden ser útiles para xestionar os recursos pesqueiros, para regular este sistema que afecta a determinadas frotas e especies, pero é importante que esta implantación se desenvolva con algunhas cautelas.

Neste sentido, Fidalgo detallou que debe excluírse deste sistema a frota artesanal pesqueira, que a ITQ debe manter a condición de Ben Público de concesións de uso por parte do Estado, que ademais, debe reservarse unha parte para corrixir desequilibrios. O parlamentario do PSOE subliñou tamén que se debe contar cun acordo e un consenso coas Comunidades Autónomas e co sector pesqueiro.

Por último, o senador galego reprochou aos populares que traian iniciativas moi xenéricas ao Senado e que practiquen o dobre xogo na Cámara Alta que consiste en botar a culpa a Europa cando as negociacións saen mal (co risco de difundir un discurso antieuropeo entre as súas filas e votantes) e de aplaudir o Ministro Arias Cañete cando as cousas saen nas negociacións coa UE.

Ademais, Miguel Fidalgo criticou a total ausencia do Goberno para explicar as súas negociacións nos foros europeos e para dar conta da política pesqueira deste Executivo, que realmente se caracterizado por, precisamente, "non ter política pesqueira".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar