Fidalgo destaca en Bruselas a importancia da PPC en defensa dos intereses da pesca española e galega

Fidalgo destaca en Bruselas a importancia da PPC en defensa dos intereses da pesca española e galega

Fidalgo destaca en Bruselas a importancia da PPC en defensa dos intereses da pesca española e galega

O voceiro socialista en materia de Pesca na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación, Miguel Fidalgo, participou na Reunión Interparlamentaria da Comisión de Pesca cos Parlamentos Nacionais, que debateu a reforma da Politica Pesquera Común, a reforma dos Mercados e o novo Fondo Europeo Maritimo Pesquero, sinalando a importancia que ten para o noso país a reforma da Política Pesqueira Comunitaria (PPC) na súa defensa dos intereses da pesca española e, en especial, para Galicia, "a miña comunidade de orixe, onde a proporción de emprego pesqueiro sobre o total é quince veces superior á media europea".

Fidalgo, sinalou que a reforma da PPC é a primeira tras a entrada en vigor do Tratado de Lisboa e ten unha grande importancia parlamentaria, toda vez que recoñece poderes ao Parlamento Europeo para perseguir os obxectivos da política pesqueira conforme ao procedemento lexislativo ordinario e no marco do procedemento de codecisión.

O parlamentario do PSOE abordou os aspectos fundamentais sobre os que xira a citada reforma e destacou, en primeiro lugar, que a sostibilidade da pesca é un obxectivo compartido e indiscutible e que ten unha tripla dimensión social, económica e ambiental. "É necesario, afirmou, que a dimensión económica e social apareza claramente entre os obxectivos da reforma, e que exista unha referencia expresa ao sector pesqueiro que non pode ser un convidado, nin unha parte máis na reforma senón o auténtico protagonista da reforma e do futuro da pesca responsable". "É necesario preservar a pesca preservando os pescadores", afirmou.

Por outro lado, Miguel Fidalgo resaltou que "a reforma debe ser crible" e explicou que "se o diagnóstico e o seu tratamento non son adecuados corremos o risco de que sexa unha reforma sobre o papel, xeradora de tensións e dubidosa efectividad"..Por iso indicou que "pretender alcanzar o rendemento máximo sostible para todas as especies en 2015 é unha boa intención pero non un obxectivo realista. Probablemente sería máis útil conseguir a seguridade biolóxica inmediata para as especies en risco, ampliar a determinados stocks o obxectivo do rendemento máximo sostible para o ano 2020 e definir con maior concreción os mecanismos necesarios para conseguilo".

Noutra orde de cousas, manifestou que o principio de precaución non pode aplicarse ás cegas nin conducir mecanicamente a cortes drásticos nas capturas, sen información científica e sen avaliar o impacto social e económico de cada decisión.

Por iso, advertiu de que "a política pesqueira non pode caer no arbitrismo". Miguel Fidalgo tamén se referiu aos descartes apuntando que "é preciso avanzar cara á súa eliminación pero debe facerse de forma gradual, planificada e cun prazo suficiente. A súa prohibición inmediata formula problemas que poden e deben resolverse.

O obxectivo debe perseguirse nun contexto rexional, tendo en conta a situación, as prácticas e os problemas específicos que se suscitan nas distintas pesqueiras,".

Fidalgo tamén quixo destacar que "a concesión de cotas de pesca transferibles é unha orientación axeitada se o que se pretende é adaptar a frota e a actividade pesqueira aos recursos. En definitiva, introducir a flexibilidade que precisa a competitividade e a sostibilidade do sector".

Neste punto, subliñou que "o primeiro requisito para este sistema de xestión é que se aplique a pesqueiras para as que están establecidas cotas de pesca. Se nestas pesqueiras queremos que a reforma sexa unha reforma europea teremos que recoñecer a transferibilidade das concesións temporais no conxunto da UE seguindo as regras do mercado común. A pesca non pode ser unha excepción". "Por outra parte, engadiu, será necesario evitar que este sistema se aplique obrigatoriamente ou rixidamente á pesca costeira e artesanal. Hai que posibilitar que os Estados membros poidan atender as súas peculiaridades e seguir operándose con sistemas cuxo funcionamento está contrastado e contan con grande aceptación no sector".

O voceiro do PSOE en materia de Pesca puntualizou que "somos decididamente "partidarios de que se diferencie a pesca industrial da costeira e artesanal. A definición desta última non pode limitarse a criterios puramente cuantitativos como a lonxitude da embarcación. O ámbito en que se realiza a actividade, a selectividade, a curta duración de actividades co retorno diario e a frescura dos produtos son notas que deben incorporarse á definición. É preciso destacar, ademais, a alta dependencia de determinadas comunidades locais da actividade pesqueira e a importancia das microempresas ou empresas familiares no segmento de pesca costeira e artesanal".

Miguel Fidalgo asegurou que "do mesmo modo que se diferencia entre pesca industrial e artesanal debería diferenciarse entre a acuicultura industrial e a acuicultura tradicional na que debe incluírse o marisqueo en barca e a piei". A acuicultura tradicional contribúe a preservar a biodiversidade e o seu desenvolvemento é compatible cos estándares máis rigorosos de protección ambiental.

En sentido contrario, a compatibilidade da acuicultura industrial coa protección ambiental ou os espazos pertencentes á rede Natura non pode afirmarse e é altamente cuestionada. Se queremos un desenvolvemento da acuicultura debemos asegurar un tratamento plenamente harmonioso co medio.

Por último, Fidalgo subliñou a necesidade de corrixir a discriminación do papel da muller no mundo pesqueiro nunha próxima reforma e reivindicou o traballo das mariscadoras.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar