Fidalgo denuncia no Senado a "manobra política do PP para privatizar as costas"

Fidalgo denuncia no Senado a "manobra política do PP para privatizar as costas"

Fidalgo denuncia no Senado a "manobra política do PP para privatizar as costas"

O Grupo Parlamentario Socialista denunciou no Senado a intención do PP de privatizar as costas do noso país coas propostas impulsadas polos populares dirixidas a reformar a Lei de Costas. O voceiro do PSOE en Medio Ambiente e Cambio Climático, Miguel Fidalgo, criticou as manobras políticas do Grupo Popular que, apoiado na súa maioría parlamentaria, "pretende levar a cabo un proceso de urbanización da costa, unha volta ao modelo depredador da costa" e asegurou que se o PP saca adiante a lei que xa ten redactada "será unha noticia moi triste para España e as súas praias, que hoxe en día son de todos e que volverán ser territorio privado".

Fidalgo criticou a intención do PP de propoñer unha reforma profunda da Lei de Costas, unha modificación innecesaria de algo que no seu día foi obxecto dun gran consenso durante o proceso democrático, unha volta a un sistema preconstitucional e a un modelo caduco, á lei de 1969, obviando o que establece a Constitución hoxe en día; esto é, que o dominio publico marítimo terrestre é de uso publico e o modelo do PP é a nefasta Lei do Chan de 1998 aprobada polo Goberno de José María Aznar, "unha lei de barra libre urbanística".

O senador recordou que a lei de 1988 recuperou o dominio público marítimo terrestre para todos e adoptou medidas para frear o proceso de urbanización do litoral, para protexer os valores ambientais. "É polo tanto unha ruptura dun pacto constitucional, engadiu Fidalgo, unha medida que botaría por terra algo que custou moito esforzo preservar e que é un golpe mortal para a imaxe de calidade da oferta turística española".

O voceiro socialista en Medio Ambiente e Cambio Climático acusou ao PP de aproveitar a súa maioría absoluta e de utilizar a desculpa da crise para poñer en marcha unha estratexia política dirixida a "dispoñer do chan ao mellor prezo, a facerse coa primeira liña de praia que nestes últimos anos preservamos cos impostos dos cidadáns, a construír grandes complexos e a poñelo no mercado de clientes estranxeiros". Fidalgo afirmou que é unha operación que "preocupa aos españois, un temor a perder a nosa costa, a que se permita a entrada da propiedade privada nos terreos costeiros".

Pola súa banda, os senadores socialistas andaluces criticaron que o PP, con esta proposta non só vai en contra do camiño emprendido pola UE, senón que ademais vai en contra da xestión da Xunta de Andalucía, que resolveu o 80% dos expedientes en tan só oito meses. Os parlamentarios do PSOE subliñaron, unha vez máis e de xeito rotundo, o seu apoio aos chiringuitos e ao valor que teñen para o emprego e a economía andaluza, "chiringuitos que están a ser utilizados polo Partido Popular como unha escusa para modificar a lei", afirmaron.

Ademais, engadiron que o Goberno de Andalucía mantén un diálogo permanente co sector ao que apoia totalmente. "O verdadeiro problema, puntualizaron, é a preservación do ecosistema, o risco de converter a costa mediterránea nunha sucesión de cemento,". Finalmente, os socialistas andaluces avogaron pola protección das costas españolas aducindo que "a praia é de todos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar