Fidalgo cualifica o novo proxecto de parador de Monterrei de "chapuza administrativa" do Goberno con "irregularidades moi graves"

Fidalgo cualifica o novo proxecto de parador de Monterrei de "chapuza administrativa" do Goberno con "irregularidades moi graves"

Fidalgo cualifica o novo proxecto de parador de Monterrei de "chapuza administrativa" do Goberno con "irregularidades moi graves"

O senador socialista galego critica a Secretaria de Estado de Turismo por evitar a súa pregunta na Comisión

O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, denunciou que o novo proxecto de parador de Monterrei que manexa o Goberno é unha "chapuza administrativa con irregularidades moi graves". Fidalgo explicou que un monumento restaurado para determinados usos públicos non se transfire a unha sociedade anónima para explotar un hotel e engadiu que, ademais, se está a negociar con regalar as instalacións do hotel a unha empresa privada.

O parlamentario do PSOE interveu na Comisión de Industria, Enerxía e Turismo e preguntou á Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, de que forma se vai tramitar este proxecto e como pensa a administración pública recuperar todos os investimentos públicos que se realizaron.

Miguel Fidalgo acusou a Secretaria de Estado de evitar a resposta e insistiu en que se trata dunha irregularidade moi grave xa que o Estado cedeu un edificio para uns determinados fins e alguén está a realizar investimentos de diñeiro público, de moitos millóns de euros, para acondicionar un edificio a un uso -o de parador de turismo que Paradores de Turismo non é propietario nin é o posuidor dese ben público, que é o castelo de Monterrei.

Fidalgo continuou sinalando que ese edificio non pode ser destinado a hotel nin a parador de turismo, porque ese non é o uso a que debe destinarse. Neste punto, indicou que se se destinase a ese uso, o Instituto de Patrimonio Cultural tería que reclamar a reversión dese ben para o Goberno da nación, neste caso a través do Ministerio de Economía e Facenda.

O senador galego acusou ao Goberno do PP e á Xunta de gastar diñeiro público e de xestionar moitos millóns de euros nun ben que non pode ser destinado a un hotel. O Executivo vai recibir un ben no que se gastou moito diñeiro público, que se está a usar de forma fraudulenta e xestionando diñeiro de forma fraudulenta, un ben que non pode ser destinado a hotel, e mentres tanto teñen tirado e abandonado un parador de turismo. "Sempre fan o mesmo: en primeiro lugar empeoran o funcionamento dunha instalación para logo regalarlla a alguén, e eu pregúntolle a quen llela van regalar e se alguén se vai beneficiar desta operación que pagamos todos os españois e todos os galegos cos fondos públicos", concluíron.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar