Fidalgo afirma que a decisión do Bispado de Ourense atenta contra os dereitos constitucionais

Fidalgo afirma que a decisión do Bispado de Ourense atenta contra os dereitos constitucionais

Fidalgo afirma que a decisión do Bispado de Ourense atenta contra os dereitos constitucionais

O senador socialista pola provincia de Ourense, Miguel Fidalgo, lamenta a acción do Bispado de Ourense de esixirlle ao sacerdote e concelleiro do PSdeG en A Gudiña que deixe o seu cargo, presionandoo co acto de retiralle as súas funcións pastorais nas parroquias asignadas no concello de Piñor.

“Respectaremos a decisión que tome Antonio, lamentando que por culpa do Bispado se prexudique os creentes de diversas parroquias da provincia, e outros veciños se queden ou poidan quedar sen o concelleiro que elixiron democráticamente nas urnas”, apunta.

Fidalgo explica que non pode ser aceptada por este Partido a decisión do Bispado, por ir contra o dereito a exercer o cargo público dun cidadán libre. Por elo, os socialistas porán a disposición do sacerdote os seus servizos xurídicos para que poida exercer as accións que considere convintes.

“Respectaremos a decisión que tome Antonio”, insiste, “pero estaríamos encantados de ir se fai falta ara o Tribunal Constitucional para determinar que nin a Igrexa Católica nin ningunha outra crenza relixiosa pode privar aos seus membros dos dereitos máis elementais, e que ningunha crenza se pode exercer contra os dereitos fundamentais”.

Ademais, o senador socialista lamenta “que as decisións na Igrexa ourensá as tomen os grupos máis conservadores e se volva ás épocas de Temiño, as máis negras da nosa historia”.

“En cambio non ven como moitos curas por toda a xeografía ourensá fan campaña para o PP, buscan votos e reúnen aos veciños para votar ao PP, fan actos con Baltar e alcaldes populares mezclando actos relixiosos litúrxicos e e acción partidista a favor dos caciques”, sinala.

“É lamentable que ano a ano os curas progresistas abandonen, por fartura da actitude conservadora da Xerarquía”, engade.

Así, afirma que “os socialistas desta provincia seguiremos traballando día a día cos cristianos progresistas nos obxectivos comúns que nos unen por defender aos máis humildes da sociedade, pola xustiza, a igualdade, a democracia, os dereitos e as liberdades. Tamén pola democracia no seno da Igrexa”.

“Hoxe en Ourense é contradictorio ser da Igrexa e ser cristiano”, explica, e “grupos como Cristianos para o Socialismo e outros son sistemáticamente perseguidos”.

“A Igrexa serve aos intereses da dereita máis retrógrada, e é un elemento decisivo para que o PP manteña o control político por secula seculorum”, conclúe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar