Fidalgo acusa o PP de desviar a atención da deficiente xestión e responsabilidades do Ministro Cañete reprobando a Comisaria europea de Pesca

Fidalgo acusa o PP de desviar a atención da deficiente xestión e responsabilidades do Ministro Cañete reprobando a Comisaria europea de Pesca

Fidalgo acusa o PP de desviar a atención da deficiente xestión e responsabilidades do Ministro Cañete reprobando a Comisaria europea de Pesca

Asegura que o Ministro Cañete ten que dar contas nas Cortes Xerais e non o está a facer. Escóndese en vez de afrontar a política pesqueira, oculta as Cámaras que no tratado mauritano se excluían aos cefalopoderos e escóndese na crise de Pescanova

Lamenta que o Ministro adopte unha actitude tan antieuropea e lle recrimine que impulse a reprobación de Damanaki o mesmo día que se adoptaron unha serie de medidas positivas, grazas á xestión europea, como a aprobación da política pesqueira común, o acordo do novo tratado con Marrocos, a autorización da frota española e as novas cotas de pesca para o 2014

O senador socialista galego, Miguel Fidalgo, acusou, esta mañá na Cámara Alta, ao PP de desviar a atención sobre a deficiente xestión e as responsabilidades do Ministro Cañete nunha moción na que se reprobaba a Comisaria de Pesca da UE, María Damanaki, pola decisión adoptada con respecto ao atún vermello pola Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT) no Cumio de Sudáfrica.

Fidalgo lamentou que o Ministro adopte unha actitude antieuropea mentres se especula coa posibilidade de que sexa o próximo candidato do PP ao parlamento europeo. Tamén recriminou ao propio Ministro que impulse a reprobación da Comisaria de Pesca o mesmo día que se adoptaron unha serie de medidas positivas como a aprobación da política pesqueira común, o acordo do novo tratado con Marrocos, a autorización da frota española e as novas cotas de pesca para o 2014. "Todo iso, puntualizou, grazas á xestión europea,".

O parlamentario do PSOE recriminou aos populares que apoien unha política de euroescepticismo da dereita europea na que non podemos participar: "Europa constrúese con consensos, con diálogos e con negociacións, e unhas veces gáñase e outras pérdese, ese é o xogo, e así avanza Europa e avanzamos nós".

Miguel Fidalgo criticou a actitude do Goberno e do Ministro xa que, ao seu xuízo, "de día nos trae unha reprobación. Onte pola noite, o señor Cañete díxonos que os acordos de repartición das cotas para 2014 son históricos. De noite dinos que a frota galega recibe con alivio o voto en contra de prohibir o arrastre e permitir o arrastre e asegura que se conseguen aumentar as cotas en Gran Sol, galo, peixe sapo e pescada. O outro día mostrou a súa gran satisfacción pola aprobación da nova política pesqueira común. Iso é o que fai o señor Cañete: de día impulsa a reprobación e de noite mostra a súa satisfacción polo contrario".

A continuación, Fidalgo apuntou que "o Ministro Cañete ten que dar contas nestas Cortes Xerais e non o está a facer. Estase a esconder da súa xestión en política pesqueira. O ministro ocultou as Cámaras que no tratado mauritano se excluían aos cefalopodeiros e ese sería un motivo de reprobación, e escondeuse na crise de Pescanova, mentres desaparece un dos principais grupos pesqueiros que son líderes" "no mundo".

Seguidamente, sinalou que "agora, ao finalizar o mandato das institucións europeas, o Executivo do PP quere sinalalas como responsables das cuestións das que o señor ministro ten que ver aquí a dar conta, pero que está desaparecido. Paréceme simplemente que o señor Arias Cañete caeu moi baixo. Non se explica a estratexia dun señor que quere facerse un oco para ser comisario ou candidato no Parlamento Europeo, pois con esta actitude non está á altura das circunstancias. En todo caso, trátase do recoñecemento de dous anos de fracaso nas políticas europeas do señor Arias Cañete".

O senador galego recalcou que lle gustaría que o ministro de Agricultura e o Grupo Parlamentario Popular trouxesen as Cortes Xerais propostas para resolver os problemas do sector pesqueiro. "Esta proposta non resolve ningún dos problemas que o sector reclama, como conseguir licenzas e actividades polos mares do mundo. Os galegos perdemos espazos para pescar en todos os mares do mundo, e o señor Arias Cañete non nos explicou como, nestes dous anos, estamos a perder licenzas en todos os países".

Non me parece serio, insistiu, que se queira culpar a Europa dos lobbys ecoloxistas. Se Europa sofre algunha ameaza, provén doutros lobbys, os dos grandes poderes económicos, os grandes sectores que queren impoñer aos máis débiles grandes sacrificios para xustificar que a crise de especulación financeira, que a crise económica que xeraron a teñen de pagar os máis débiles, privándoos de sanidade, privándoos de emprego, privándoos de salarios e pensións, privándoos de educación, e iso si que é incumprir o tratado da Unión Europea que o PP reclama nesta moción".

Miguel Fidalgo concluíu destacando que "se tivese que reprobar e botar a culpa a alguén por incumprimento do tratado da Unión Europea en materia de emprego, en materia de sanidade, en materia de benestar social, por todas as políticas, non sería aos lobbys ecoloxistas, senón aos que fan caso, obedecen e se poñen de xeonllos ante os lobbys económicos. Ao señor Arias Cañete, por facer desaparecer as políticas ambientais e de pesca; ao señor Wert, por facer desaparecer a educación; á señora Mato, por facer desaparecer a sanidade; ao señor Montoro, polo seu comportamento antiético coa Axencia Tributaria; á señora Báñez, polos dereitos laborais, polos salarios e as pensións; á señora vicepresidente, por estar desaparecida; e ao señor Rajoy, por todo iso e por unha cousa máis, pola fraude electoral, desaparecendo, incumprindo e faltando á súa palabra aos españois,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar