Fidalgo acusa ao Grupo Popular de actuar en clave de precampaña ao presentar unha moción sobre actuacións do Goberno en Santiago

Fidalgo acusa ao Grupo Popular de actuar en clave de precampaña ao presentar unha moción sobre actuacións do Goberno en Santiago

Fidalgo acusa ao Grupo Popular de actuar en clave de precampaña ao presentar unha moción sobre actuacións do Goberno en Santiago

O senador socialista galego, Miguel Fidalgo, acusou ao Grupo Popular de falta de responsabilidade política e de actuar en clave de precampaña electoral coa presentación dunha moción sobre as actuacións do Goberno na cidade de Santiago de Compostela.

Fidalgo criticou a intransixencia do PP para chegar a acordos tras rexeitar unha emenda do Grupo Socialista e apuntou que a negativa dos populares se debe a unha liña de acción política marcada por un acentuado oportunismo electoralista. Tamén advertiu de que se o Partido Popular pretende ser alternativa de Goberno no Estado debe ter moita máis responsabilidade nas cuestións que afectan á xestión dos servizos e o diñeiro publico.

A continuación, o parlamentario socialista recordou as importantes actuacións históricas que esta levando a cabo o Goberno na cidade de Santiago. Neste sentido, referiuse á AVE "que vai chegar este ano a Santiago" e as múltiples infraestruturas que se están a executar no aeroporto, a estación, o mercado, o casco histórico e a Autovía de Lugo. En concreto, sinalou que, en convenio co Concello, xa se realizou o terceiro carril do periférico SC-20 que se inaugurou o verán pasado e recordou a actuación baixo a vía do ferrocarril na vía Sar Pontepedriña.

Referiuse tamén ás actuacións na Avenida de Lugo-Cornes (Galuresa) para mellorar a circulación nun punto conflitivo que tiveron un financiamento de 25 millóns de euros. Fidalgo enumerou outra serie de proxectos como a ampliación da autoestrada con dous carrís cara ao norte e outros tres cara ao sur, un novo enlace na autoestrada AP-9 por Sigüeiro ou o enlace cos polígonos do Tambre.

No referido ás actuacións de conservación que solicita o periférico, asegurou que se están a realizar e que o Goberno "non" pretende dilatar nada" como sostén o PP. "Na zona de Milladoiro, puntualizou, as obras xa se executaron e proximamente levaranse a cabo as do Polígono do Tambre e a zona Volta do Castro". Fidalgo concluíu indicando que, "respecto ás infraestruturas en Conxo, o Goberno xa aprobou o proxecto e esperamos o momento de dispoñibilidade presupostaria".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar