Fidalgo: "A crise non pode ser desculpa para un retroceso nos dereitos dos traballadores nin un abandono do medio ambiente"

Fidalgo: "A crise non pode ser desculpa para un retroceso nos dereitos dos traballadores nin un abandono do medio ambiente"

Fidalgo: "A crise non pode ser desculpa para un retroceso nos dereitos dos traballadores nin un abandono do medio ambiente"

O voceiro socialista na Comisión de Medio Ambiente e Cambio Climático do Senado, Miguel Fidalgo, afirmou en Bruxelas que "a crise non pode ser a desculpa para que haxa retroceso nos dereitos dos traballadores nin un abandono do medio ambiente". Así se expresou o senador do PSOE por Ourense durante a celebración dunha xornada sobre o desenvolvemento sostible no Parlamento Europeo que reúne os representantes das Comisións homólogas da Unión Europea.

Fidalgo tamén subliñou que a crise non pode ser a desculpa para que renunciemos a manter o litoral das nosas costas, para que renunciemos ás enerxías renovables, á sostibilidade, aos dereitos dos cidadáns ou o medio. "Estámonos a xogar o futuro do noso planeta, puntualizou o parlamentario socialista, e o problema que temos é que neste planeta é onde vivimos e, por iso, son urxentes todas a

s medidas".

Miguel Fidalgo destacou que "as propostas e as recomendacións son máis necesarias agora que nunca, nestes momentos nos que vivimos baixo os efectos dunha crise económica mundial causada pola especulación financeira e que só se pode resolver a nivel mundial e global". Neste sentido, subliñou o compromiso do seu grupo parlamentario coas propostas e resolucións do Parlamento Europeo e dos distintos órganos da Comisión Europea e, sobre todo, co informe do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unida sobre a sostibilidade mundial no que participou a exministra socialista de Medio Ambiente, Cristina Narbona.

O voceiro do PSOE en Medio Ambiente e Cambio Climático na Cámara Alta advertiu da necesidade de que "todos nos impliquemos e de que tratemos de resolver esta situación. Cada un, dacordo coas súas responsabilidades nacionais e locais, apoiando todas as propostas na necesidade de establecer unha arquitectura institucional de carácter mundial con novos organismos, novos grupos de traballo para conformar alianzas, unha acción global en todas as áreas dos gobernos e mecanismos de avaliación e de asistencia científica". Trátase, en definitiva, de organizar un funcionamento en rede das actuacións locais, rexionais e mundiais sendo conscientes de que se debe evitar que a crise cambie a axenda local, europea e nacional.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar