Fiasco económico en Galicia

Fiasco económico en Galicia

Fiasco económico en Galicia

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “asuma a súa responsabilidade” polo “fiasco económico de Galicia” que vén de confirmar o dato do PIB. Esixiulle un cambio drástico na política económica e social da Xunta, logo de que os datos coñecidos onte apuntan que Feijóo “tan só pode presumir de ter aumentado o endebedamento, empobrecemento, desigualdade e marxinación”.

Méndez Romeu advirte que “cada novo dato que coñecemos corrobora o mal que vamos baixo a dirección de Feijóo”, logo de coñecer que o PIB galego aumentou no último ano un 0,9 por cento, tres veces menos que o 2,7 por cento do conxunto do Estado, e no último trimestre un 0,5 por cento, dúas veces menos. Así, explicou, “a economía galega continúa a ter moito peor comportamento fronte ao conxunto de España”.

O responsable socialista instou ao presidente da Xunta a “escoitar a mensaxe alta e clara que lle ten ofrecido a cidadanía e cambie de forma drástica as súas políticas” para rematar coa asfixia económica de Galicia, recuperando o impulso económico e impulsando a creación de emprego.

Aludiu así a que a recuperación é “moi lixeira” para as familias, que viven unha situación “claramente peor que no resto de España”, como reflicte que gasten menos da metade que no conxunto do Estado, cun 0,3 fronte ao 0,7 por cento de media. En termos interanuais a diferenza é aínda mais acusada, cun 1,4 por cento en Galicia fronte ao 3,5 por cento de España, un 60 por cento inferior, case a metade.

Considerou “intolerable” que o goberno galego manteña unha “estratexia de desleixo deliberado e suicida” para a economía galega, como reflicte que o gasto producido no primeiro trimestre polas administracións públicas se manteña invariable en Galicia mentres no conxunto do Estado xa aumenta un 1,6 por cento.

Acusou a Feijóo que pretenda “descansar sobre as ruínas do crecemento económico de Galicia”, cando ata o saldo comercial resulta desfavorable para Galicia, que resulta negativo en 525 millóns de euros. Este dato derívase dun peor comportamento das exportacións galegas, que aumentaron un 30 por cento menos para Galicia que para España -0,7 por cento fronte ao 1 por cento do conxunto do Estado-.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar