Ferroatlántica- Destacamos a presión de traballadores e alcaldes a a acción parlamentaria para frear a segregación

A deputada autonómica da Costa da Morte Loli Toja destaca, tras coñecer a decisión da Xunta sobre as centrais de Ferroatlántica, a “vital importancia” da “presión dos traballadores e dos alcaldes” para evitar a segregación. Toja apunta tamén que o consenso parlamentario cunha postura unánime de todos os grupos sobre este tema só puido acadarse grazas a unha iniciativa socialista. “Fixo falta moita mobilización para que a Xunta entendese que os ríos son nosos e non dun empresario”, afirma sobre as intencións de Villar Mir.

A socialista lembra que non estamos a falar “dunha fábrica máis para a Costa da Morte, senón da fabrica con maiúsculas”, pola relevancia que ten para toda a comarca, polo que pon en valor a “absoluta implicación” da poboación e deixa claro que a defensa dos traballadores foi sempre prioritaria para o seu partido. “Os socialistas demostramos unha vez máis que somos unha peza importante nos temas esenciais de país”, asegura, e que se pode “comprometer e obrigar ao goberno a probar iniciativas tamén desde unha posición de minoría”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar