Fernández reclama mecanismos de devolución do céntimo sanitario que inclúan aos transportes lixeiro e internacional

Fernández reclama mecanismos de devolución do céntimo sanitario que inclúan aos transportes lixeiro e internacional

Fernández reclama mecanismos de devolución do céntimo sanitario que inclúan aos transportes lixeiro e internacional

Raúl Fernández denunciou que o tribunal europeo descubriu as trampas e a política trilera de Rajoy e Feijóo e evidenciou que o imposto nin era céntimo, nin sanitario, nin ambiental

Acusou ao PP de cebarse co sector do transporte de mercadorías por estradas, aos que subiu transformou e subiu o imposto cando intuíron que habería unha sentenza desfavorable

Esixiu que se favorezan os mecanismos de devolución do cobrado de xeito indebido e se resolvan outros problemas do sector como a renovación da flota e a vixilancia do cumprimento do convenio con Turquía, para evitar a competencia desleal do asentamento de transportistas otomanos en Sabón

O portavoz de Transporte do Grupo Socialista, Raúl Fernández, ven de defender no Pleno do Parlamento de Galicia unha proposición no de lei pola que se insta á Xunta de Galicia a artellar os mecanismos necesarios para a plena devolución do imposto sobre os hidrocarburos que grava o transporte, incluíndo aqueles segmentos hoxe excluídos do mecanismo de devolución, como o transporte lixeiro e o transporte internacional.

A iniciativa requiría tamén a trasladar ao Goberno do Estado a necesidade de establecer un novo Plan Renove para vehículos de transporte e á Delegación do Goberno a necesidade de controlar o estrito cumprimento do devandito acordo entre os estados de España e Turquía.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou o xoves, 27 de febreiro, que o imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos, coñecido como o céntimo sanitario, vulnera a directiva comunitaria sobre impostos especiais por considerar que carece dunha finalidade específica e tendo en conta unha finalidade meramente orzamentaria.

E dicir, “nin é céntimo, nin é sanitario, nin é medioambiental”, denunciou Raúl Fernández. Acusou ós gobernos de Rajoy e de Feijóo de estar “nun permanente axuste de contas cos cidadáns para gabarse falsamente de ter as contas axustadas”. O Partido Popular, continuou o deputado, “exprime a capacidade económica das familias coa suba constante de impostos e o recorte de salarios, dereitos e servizos”.

Desta volta o axuste de contas “se cebou no sector do transporte de mercadorías por estrada”, “especialmente golpeado pola desactivación económica e ao que o Goberno galego multiplicou por catro o imposto sobre hidrocarburos, mesmo despois de que o propio Presidente “recoñecera as dificultades que estaban a pasar e mesmo lles prometera non subilo”, reprochou a Feijóo o deputado socialista.

Fernández fixo énfase en que un tribunal europeo “descubriu as trampas e a política trilera do Presidente e mesmo inhabilita as decisións do Goberno do Partido Popular, son enganos á Unión Europea, ao Parlamento e aos transportistas”.

Explicou o portavoz de Transporte do Grupo Socialista que o sector do transporte de mercadorías por estrada “ven soportando condicións de competencia e de custos crecentes que teñen provocado a desaparición de 2.000 empresas galegas”. Un sector con 20000 empregos directos na comunidade autónoma e que representa o 5% do PIB.

O incremento recente do imposto de hidrocarburos ata o límite máximo, unha vez que se estimou que podería haber unha sentenza desfavorable ao céntimo sanitario, “foi un paso máis no proceso de asfixia ao sector”.

Fernández considera “de xustiza” que a devolución do indebidamente cobrado “se faga á maior brevidade posible para non causar máis prexuízos aos afectados, vítimas xa desa situación durante anos”. O deputado do PSdeG insistiu en que debera ser a propia administración a que facilitara o proceso.

Explicou que a intención da iniciativa socialista era a de incluír nos mecanismos de devolución do imposto aos segmentos do sector do transporte excluídos e que ao tempo se favoreza a renovación real da flota de vehículos de transporte e que se controle o acordo con Turquía, cuxo incumprimento está a provocar situacións de competencia desleal no polígono de Sabón, onde se ten instalado un asentamento de transportistas turcos.

Fernández censurou a negativa do PP a apoiar a iniciativa, que aportaría “tranquilidade” ó sector, que “ata o de agora non foron quen de darlle nin o Presidente Feijóo, que non os recibe desde 2013; nin a axencia tributaria, que non lles facilita o proceso de devolución e moito menos o ministro de Facenda, que os ameaza con máis multas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar