Fernández reclama a Feijóo que cese a Farjas "porque non cre nin defende que a sanidade sexa pública, universal e gratuíta"

Fernández reclama a Feijóo que cese a Farjas "porque non cre nin defende que a sanidade sexa pública, universal e gratuíta"

Fernández reclama a Feijóo que cese a Farjas "porque non cre nin defende que a sanidade sexa pública, universal e gratuíta"

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, reclamou hoxe a Feijóo que cese “de xeito inminente” á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, “que demostrou que non cre nin defende que a sanidade sexa pública, universal e gratuíta”. Aludiu así ás declaracións da conselleira que na sesión parlamentaria de onte afirmou que a asistencia sanitaria “non é universal”.

“Isto evidencia o descoñecemento que a conselleira ten da lexislación vixente e das normas aprobadas no propio Parlamento de Galicia”, indicou. Lembrou que a Lei 8/2008 de Saúde de Galicia recolle textualmente no seu artigo 4 “o dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo ós fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal se garante a todas as persoas que residan nos municipios da Comunidade Autónoma”.

“Un Goberno está non só para facer leis senón tamén para facelas cumprir”, apuntou, á vez que considerou “incomprensible” que a titular de Sanidade “non respecte a Lei de Saúde de Galicia”.

Fernández sinalou que estas declaracións só poden responder a dous feitos; “ou ben, que a conselleira descoñece a lexislación vixente, o que é gravísimo e preocupante; ou que a pesar de coñecela non a respecte e estea a avanzar a súa intención de que este servizo público deixe de ser universal e gratuíto”.

Autónomos

O responsable socialista tamén criticou as “temerarias declaracións” de Farjas ao afirmar que os autónomos non teñen dereito a unha sanidade pública e gratuíta. “Minte descaradamente e tenta asustar aos autónomos, que nunca tiveron ata o de agora ningún problema para recibir asistencia sanitaria no sistema público de Galicia”.

“Nunca en Galicia, nin cos goberno do PP, se puxera antes en dúbida o noso sistema sanitario público, universal e gratuíto”, destacou Fernández.

Preguntouse “se con estas afirmacións, o que pretende a conselleira e deixar caer a intención do Goberno galego de deixar de prestar a asistencia sanitaria pública aos miles de autónomos da nosa comunidade”.

Por elo, reclamou a Feijóo o cese dunha conselleira “que coas súas continuas meteduras de pata demostra día tras día a súa ineficacia e a súa falla de interese en defender o sistema sanitario público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar