Fernández Pena subliña que coa supresión das axudas de subsidiación para prestamos hipotecarios de VPO, o Goberno pisa os dereitos dun colectivo vulnerable

Fernández Pena subliña que coa supresión das axudas de subsidiación para prestamos hipotecarios de VPO, o Goberno pisa os dereitos dun colectivo vulnerable

Fernández Pena subliña que coa supresión das axudas de subsidiación para prestamos hipotecarios de VPO, o Goberno pisa os dereitos dun colectivo vulnerable

O PP rexeita a moción socialista dirixida a manter estas axudas e a senadora galega afirma que o Executivo se apoia nunha interpretación irregular e retroactiva que atenta contra o principio de seguridade xurídica da Constitución e que é un máis dos atropelos deste Goberno para impoñer a súa política de recorte aos máis vulnerables

Asegura que o Goberno vulnerou o dereito de miles de familias que accederon a estes préstamos, con ingresos escasos e colócaos nunha probable situación de non pagamento, embargo ou desafiuzamento

Recorda que hoxe celebramos dous anos de Goberno do PP nos que só houbo máis paro, máis débeda, máis corrupción, menos dereitos, menos saúde, menos educación e máis mentiras"

A senadora socialista pola Comunidade Autónoma de Galicia, Paula Fernández Pena, criticou esta mañá na Cámara Alta que, coa supresión (en ocasións, de xeito retroactivo) das axudas de subsidiación para préstamos hipotecarios de vivendas de protección oficial, o Goberno volve pisar os dereitos dun colectivo vulnerable impoñendo unha novas regras de xogo de forma unilateral. Fernández Pena defendeu unha moción no Senado pola que se instaba o Executivo a impulsar as modificacións lexislativas precisas para que se manteña o dereito a percibir a axuda de subsidiacion para vivendas de protección oficial (VPO e VPP) en todos os préstamos subscritos antes da aprobación da Lei 4/2013. A iniciativa foi rexeitada co voto en contra do Grupo Popular, que conta con maioría absoluta e logrou que a proposta fose desestimada finalmente.

A parlamentaria do PSOE recriminou ao Goberno que conseguiu acabar con todas as axudas de vivenda, as futuras, as presentes e as pasadas e que aprobou unha medida, incompatible co principio de seguridade xurídica, que retira dereitos adquiridos ás familias de xeito retroactivo pero mantén as súas obrigas. Neste punto, recordou que o Partido Socialista presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional xa que coloca os beneficiarios orixinais destes préstamos nunha situación de inseguridade xurídica que lesiona, de forma irreversible e irreparable, os seus dereitos individuais. "O Goberno vulnerou o dereito de miles de familias que accederon a estes préstamos, con ingresos escasos e colócalles nunha probable situación de non pagamento, embargo ou desafiuzamento," apostilou.

A senadora galega puntualizou que, ademais, o Executivo do PP machuca con medidas inxustas aos cidadáns e presta especial atención ás entidades bancarias e explicou o tremendo despropósito de que se aprobase a Lei 4/2012 de alugueres rematase coas axudas ás familias para acceder a vivendas e que 5 días despois se incentivase as vivendas para bancos con axudas estatais e dereito subsidiacion compradores,

Paula Fernández Pena subliñou que "mentres o PP queda cos dereitos e se lle esquecen as súas obrigas, ás familias teñen que esquecerse os seus dereitos e afrontar as súas obrigas". Fernández Pena reclamou que se manteñan a renovación das subsidiaciones e asegurou que temos un Goberno que non sabe aínda a quen goberna".

A continuación, afirmou que "se non se pon freo a esta desorde xurídica estariamos a auspiciar que máis familias corran risco de desafiuzamento. Non se trata dun privilexio senón de respectar un dereito constitucional como é o dereito á vivenda digna". Ao seu xuízo, trátase dunha interpretación irregular e retroactiva que atenta contra o principio de seguridade xurídica da Constitución e é un máis dos atropelos deste Goberno para impoñer a súa política de recorte aos máis vulnerables.

A senadora concluíu recordando que hoxe celebramos dous anos de Goberno do PP nos que só houbo máis paro, máis débeda, máis corrupción, menos dereitos, menos saúde, menos educación e máis mentiras".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar