Fernández Ordóñez e o director do FROB deben comparecer na Comisión das Caixas

Fernández Ordóñez e o director do FROB deben comparecer na Comisión das Caixas

Fernández Ordóñez e o director do FROB deben comparecer na Comisión das Caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe a solicitar a comparecencia do ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, ou do director do FROB, diante da Comisión de Investigación das Caixas. Así o dixo logo da constitución deste órgano de novo logo de permanecer toda a lexislatura pasada á espera de aprobar o ditame final.

O responsable socialista solicitou a presenza destes dous responsables logo de que na Lexislatura pasada o primeiro tivera que comparecer por carta porque o PP se negara a aprazar a súa visita, e o segundo nin sequera fora chamado. Sinalou a importancia da súa presenza para ofrecer máis claridade sobre un proceso que comezou con dúas caixas de aforros que foron “primeiro fusionadas, logo intervidas e finalmente vendidas”.

A operación supuxo un custe de 10.000 millóns de euros procedentes do FROB, para un proceso que rematou coa súa venda por apenas 1.000 millóns de euros á venezolana Banesco, un investimento que xa foi recuperado polos importantes beneficios que ten ofrecido a entidade. “Polo medio –sinalou Leiceaga- sucederon cuestións non demasiado exemplares, como as indemnizacións aos directivos ou a actuación nas preferentes”.

Dixo que á Comisión de Investigación cúmprelle ofrecer “unha explicación convincente” dende a óptica política dun proceso que acabou coa privatización das principais caixas de aforros de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar