Fernandez: “O Goberno minte respecto ao aforro do gasto farmacéutico co catálogo de medicamentos”

Fernandez: “O Goberno minte respecto ao aforro do gasto farmacéutico co catálogo de medicamentos”

Fernandez: “O Goberno minte respecto ao aforro do gasto farmacéutico co catálogo de medicamentos”

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, acusou ao Goberno de Feijóo de mentir respecto ao aforro do gasto farmacéutico co catálogo priorizado de medicamentos, xa que segundo os datos oficiais do Ministerio de Sanidade, este aforro foi maior neste último mes – no que o Catálogo estivo suspendido polo recurso interposto ante o Tribunal Constitucional – que nos dous meses anteriores no que o catálogo estivo en vigor.

Fernández apuntou que o aforro en gasto farmacéutico é moito máis significativo no mes de marzo – mes no que o catálogo estivo suspendido – e sinala que a causa disto é a entrada en vigor dos novos prezos de referencia marcados polo Goberno Central, dentro das súas competencias, “unha medida que si que ocasiona un aforro significativo na factura de gasto farmacéutico”.

“O único que realmente aportou o Catálogo de medicamentos do Goberno galego foi un recorte de dereitos aos cidadáns, que deste xeito teñen acceso a menos medicamentos que os do resto do Estado, pero non un aforro no gasto farmacéutico”, sinalou Fernández.

Lembrou que o Goberno central “leva anos tomando medidas no gasto farmacéutico ca intencionalidade de controlar o mesmo e axudar á sostenibilidade do sistema” e puxo como exemplo os RD 4 e 8/2010 ou a aprobación dos prezos de referencia. “Estas medidas son moi efectivas para controlar e diminuír o gasto farmacéutico sen implicar ningún recorte nos dereitos dos cidadáns”, subliñou.

Por elo, Fernández acusou ao Goberno de Feijóo de “mentir e enganar aos cidadáns” porque o aforro que se esta a producir na facturación farmacéutica da nosa comunidade ven derivado fundamentalmente das medidas adoptadas polo Goberno central. Mostra disto é o feito de que en outras comunidades autónomas o aforro conseguido é superior ao acadado en Galicia “sen necesidade de ter aprobado un recorte nos dereitos dos cidadáns”.

Así, os datos oficiais do Ministerio de Sanidade evidencian que as comunidades que máis reduciron o gasto farmacéutico foron Aragón, La Rioja, Castilla La Mancha e Cantabria; todas elas sen contar con ningún catálogo de medicamentos propio.

Sinala ademais que o aforro en Galicia sitúase ao mesmo nivel que o de comunidades como Canarias, Cataluña, Extremadura, Valencia e Madrid, o que demostra “que Galicia aforra o mesmo que outras comunidades sen catálogo priorizado propio”.

Por elo, esixiu ao Goberno de Feijóo “que rectifique a súa política sanitaria” e “que deixe de mentir e enganar aos cidadáns sobre uns supostos beneficios derivados do catálogo de medicamentos que non son tal”. “O certo é que para incrementar o aforro non é necesario deixar aos cidadáns sen 427 medicamentos, como fixo o Goberno galego, e como demostran os datos de outras comunidades”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar