Fernández Leiceaga: "Estamos en condición de facer a remontada".

Fernández Leiceaga: "Estamos en condición de facer a remontada".

Fernández Leiceaga: “Estamos en condición de facer a remontada”.

O candidato socialista á Xunta sinala que “ao PP sóbralle a campaña electoral e a Unidos Podemos sóbralle Pablo Iglesias, por iso mandan a Galicia a dous emisarios".

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe na Coruña que “estamos en condicións de facer a remontada na parte final da campaña, que é a fase decisiva”. Así o dixo nun reparto de información electoral na Coruña xunto á candidatura do PSOE ao Senado encabezada por Ángel Mato e antes de reunirse cun grupo de traballadores de telemárketing ameazados por un ERE.

O candidato socialista dixo que o PSOE conta “cunha semana por diante para conseguir que os cidadáns desmintan aos sondeos cos seus votos” e anunciou que “vamos manter a nosa representación –en Galicia- e vamos ter un resultado que aquí tamén será unha sorpresa”. Chamou aos votantes que aposten por “un cambio posible, razoable, sensato e seguro” que virá, dixo, da man de Pedro Sánchez.

Fernández Leiceaga explicou que os sondeos coñecidos onte revelan unha situación “dramática” para o PPdeG, que aínda tendo o goberno da Xunta é o que máis rexeitamento suscita entre os electores, seguido moi de cerca de Unidos Podemos. Sinalou que o partido que menos rexeitamento esperta é precisamente o PSOE, e de aí que sexa o que máis posibilidades ten de remontar no final da campaña.

Dixo que “vamos conseguir mobilizar ao electorado e convencer a eses electores indecisos que queren votar socialista, que son socialistas e que finalmente van ir con orgullo ás urnas o 26 de xuño”.

Sóbralle a campaña

Engadiu que o tramo final da campaña será decisivo polo elevado número de indecisos que aínda non definiron o seu voto, o que leva a que “ao PP sóbralle a campaña, e a Unidos Podemos sóbralle a presenza de Pablo Iglesias, e por iso mandou a Galicia a dous lugartenentes ou emisarios”. Aludiu ao mitin central que celebraron esta semana nesta Comunidade Autónoma precisamente sen o seu líder.

Aludiu así á estratexia da coalición, que optou por reducir ao mínimo imprescindible a presenza do seu líder no territorio, e que están demostrando que “a diferenza do que ocorreu na campaña anterior, tamén a eles estalle sobrando a última semana da campaña”.

Ángel Mato

O candidato socialista ao Senado, Ángel Mato, fixo un chamamento a que a cidadanía “non se esqueza de votar ao Senado” pola importancia “vital” que vai ter a Cámara Alta na reforma pendente da Carta Magna para incluír cuestións vitais para a cidadanía como a sanidade ou as pensións.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar