Fernández: “Feijoo debe clarificar con rotundidade si vai cobrar polos servizos sanitarios e non sanitarios nos hospitais”

Fernández: “Feijoo debe clarificar con rotundidade si vai cobrar polos servizos sanitarios e non sanitarios nos hospitais”

Fernández: “Feijoo debe clarificar con rotundidade si vai cobrar polos servizos sanitarios e non sanitarios nos hospitais”

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, esixiulle ao Presidente da Xunta que “clarifique con rotundidade si ten pensado cobrarlle aos cidadáns polos servizos sanitarios e non sanitarios nos hospitais galegos”.

Fernández advertiu que “o Goberno galego debe explicar, alto e claro si ten pensado cobrarlle aos usuarios do sistema sanitario público galego por recibir nun hospital a asistencia sanitaria, que se lle viña prestando gratuitamente ata agora”.

Nese senso, Fernández aseverou que “o anuncio do Presidente da Xunta no que se plantexa este cobro confirma, como víñamos denunciando dende o PSdeG, que o PP pretende desmantelar a sanidade pública galega para crear unha sanidade para ricos e outra para a beneficencia, volvendo así os tempos previos a Lei Xeral de Sanidade”. “O PP pretende romper ca equidade e a universalidade que caracterizou o noso sistema sanitario público dende a súa creación”, denunciou o socialista..

Por todo isto, o responsable de sanidade esixiulle a Feijoo que “clarifique de xeito inmediato dito anuncio” e apuntou que “isto non fai máis que reflectir a intención ideolóxica do PP, que é dinamitar o sistema sanitario público, do que tan orgullosos estamos o conxunto dos españois e dos galegos”.

Ademais, Fernández advertiu que “os socialistas rexeitamos esta medida, así como calquera fórmula de copago sanitario, xa que acabaría coa equidade, impedindo que as persoas que máis sofren esta crise tivesen acceso a sanidade”.

Os servizos non hospitalarios son parte dos tratamentos
Por outra banda, o responsable de sanidade lembroulle a Feijoo que “toda a asistencia sanitaria que se recibe nun hospital forma parte dun tratamento, e polo tanto e inxusto, ilóxico que pretenda cobrar o que el mesmo denomina servizos non hospitalarios, como si asearse ou comer non foran parte dun tratamento necesario”.

Nese senso, Fernández apuntou que “ninguén ingresa nun centro hospitalario por pracer ou por descanso, os cidadáns ingresan porque padecen unha enfermidade e necesitan un tratamento que inclúe servizos sanitarios, e non sanitarios”.

O responsable socialista reiterou que “é paragóxico, que coa escusa da crise o Goberno galego pretenda por en marcha unha medida que precisamente fará moito mal as persoas que peor o están a pasar nesta situación económica”.

“Por todo isto, unha vez máis esixímoslle ao Presidente da Xunta que en lugar de anunciar medidas que rachan ca equidade e a universalidade, poña ao seu Goberno a xestionar mellor os nosos servizos públicos e non a desmantelalos”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar