Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar o copago en Galicia”

Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar o copago en Galicia”

Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar o copago en Galicia”

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, esixiulle ao presidente da Xunta que “deixe de enganar aos galegos e clarifique con rotundidade a súa postura sobre a implantación do copago sanitario en Galicia”.

Neste senso, Fernández demandoulle a Feijoo que “se aclare dunha vez, xa que non é unha actitude responsable dicir en Galicia que non vai a implantar o copago, para despois reunirse con Presidente do Goberno e afirmar que calquera fórmula de copago pode ser valorada co fin de garantir a sostibilidade so sistema sanitario público galego”.

O responsable de sanidade asegurou que “o sistema sanitario galego é perfectamente sostible e Feijoo o sabe, por iso opta pola privatización da sanidade, para que as empresas fagan negocio, en vez de mellorar a súa xestión”

Deste xeito, Fernández denunciou que “a Xunta de Galicia acaba de gastar preto de dous millóns de euros nunha campaña publicitaria relativa ao uso dos xenéricos” e reivindicou que “con estes dous millóns se poderían construír catro centros de

saúde dos 19 que Feijoo prometeu o inicio da lexislatura, e dos que se licitaron e adxudicaron dous. Tamén con estes dous millóns se poderían cubrir as baixas do persoal sanitario, que non se están cubrindo”.

“Feijoo volve a enganar aos galegos cando asegura que non vai a implantar en Galicia o cobro por receita. Os socialistas estamos convencidos de que unha vez remate esta época pre electoral o Goberno galego se sumará a esta medida”, e lembrou que “o cobro por receita se impuxo en Cataluña co beneplácito do Partido Popular, que se abstivo na votación permitindo que se aprobase dito copago”.

Na mesma liña, o responsable socialista esixiulle ao Presidente da Xunta que “clarifique si ten pensado cobrarlle aos cidadáns polos servizos non sanitarios, pero necesarios e que forman parte da propia asistencia, como son as comidas, ou o aseo, tal e como xustificou nunha entrevista feita a un medio de comunicación”

Fernández reclamou un “cambio de rumbo na política sanitaria galega” xa que denunciou que “ a mala xestión por parte do goberno de Feijoo está a provocar un progresivo deterioro asistencial con 350.000 galegos a espera dunha intervención quirúrxica, unha primeira consulta no especialista o unha proba diagnóstica.

“Por todo isto, unha vez máis esixímoslle ao Presidente da Xunta que se poña a xestionar dun xeito responsable a sanidade galega, xa que esta é perfectamente sostible sen necesidade de copago”, concluíu

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Os comentarios están pechados.

Pechar