Fernández esixe explicacións a Farjas polo impago das receitas denunciado polas farmacias

Fernández esixe explicacións a Farjas polo impago das receitas denunciado polas farmacias

Fernández esixe explicacións a Farjas polo impago das receitas denunciado polas farmacias

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, ven de esixir á conselleira Pilar Farjas explicacións polo impago das receitas denunciado pola Federación de Farmacias de Galicia, que suporá que as farmacias cobren as receitas do mes de novembro en seis meses a partir de xaneiro de 2012.

Fernández insta a Farjas a explicar a que se debe este retraso dado que nos orzamentos previstos para o vindeiro ano a partida económica destinada a este pago é igual que nos dous anos anteriores.

“É a primeira vez na historia que un goberno galego deixará sen pagar as receitas farmacéuticas, abocando as farmacias a pedir créditos para poder facer fronte ao pagamento de nóminas dos empregados, facturas de proveedores e outros gastos”, denunciou.

Engadiu que o Goberno galego “afirmou que Galicia é a comunidade que máis aforra no gasto farmacéutico, polo que non entendemos como tendo menos gasto e co mesmo orzamento, se produce este impago”.

Preguntouse por elo se Feijóo “engana aos galegos e galegas cando afirma que Galicia é a comunidade que mais aforra en gasto farmacéutico, ou ben si esta situación ven dada pola ineficacia na xestión do diñeiro público”.

Fernández sinalou que o impago do gasto de receitas ás farmacias demostra ademais “cales son as prioridades do Goberno galego, que o primeiro no que recorta é na prestación de servizos sanitarios”.

Criticou por elo que o Goberno galego diga por unha banda que non recortará servizos públicos, cando por outra, con este tipo de actuacións, está a mermar a calidade do servizo sanitario público.

Advertiu ademais que a contraprestación deste impago será o peche das farmacias do rural, xa que “todo apunta a que esta será a moeda de cambio cos farmacéuticos”. “Unha vez mais, serán en definitiva os galegos e galegas os que paguen a ineficacia e o fracaso do Goberno galego, vendo diminuídos os seus servizos sanitarios”, concluíu.

Por elo, avanzou que o PSdeG presentará iniciativas a través do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos para instar á conselleira de Sanidade a aclarar aos cidadáns os motivos deste recorte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar