Fernández esixe a Feijóo faga un exercicio de transparencia e publique os datos da lista de espera non estrutural

Fernández esixe a Feijóo faga un exercicio de transparencia e publique os datos da lista de espera non estrutural

Fernández esixe a Feijóo faga un exercicio de transparencia e publique os datos da lista de espera non estrutural

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, esixiu a Feijóo que cumpra co compromiso de transparencia que fixo ao chegar á presidencia da Xunta, e faga públicas as listas de espera non estruturais do Sergas, en lugar de maquillar os datos agochando aos milleiros de pacientes que están nelas.

Fernández afirmou que a publicación de estas listas “evidenciarían a existencia de milleiros de persoas que están a agardar por unha intervención ou unha consulta co especialista, e que ao non ser incluídos na lista estrutural non computan nos datos que fai públicos o Sergas”.

Por elo, Fernández esixiu a Feijóo que “en aras da transparencia da que presume” obrigue á conselleira de Sanidade a facer públicos estes datos, aínda que afirmou que cre que non o fará “porque a publicación da lista de espera non estrutural evidenciaría o fracaso da xestión da conselleira de Sanidade”.

Un fracaso que se traduce no incremento do tempo de espera para unha intervención cirúrxica ou unha consulta de especialista, con respecto ao 20009. Así, Fernández apuntou que “os galegos e galegas esperan hoxe seis días máis que hai dous anos, antes da chegada de Farjas á Xunta”.

Por elo, pediu á conselleira “que deixe de enganar, manipular e mentir aos miles de galegos e galegas que hoxe teñen que esperar mais que hai dous anos por unha intervención e que ven como se dilatan as listas de espera”.

Fernández acusou á conselleira de Sanidade de levar dous anos desenvolvendo unha “estratexia propagandística” consistente en maquillar os datos e ofrecer á opinión pública unhas cifras sobre as listas e o tempo de espera máis positiva que a real, ao ocultar aos pacientes que están en listas de espera non estrutural.

Sinalou que a día de hoxe hai moitos máis pacientes que antes nestas listas de espera non estrutural, xa que son derivados a esta precisamente para que non contabilicen nos datos que se fan públicos.

“É toda unha estratexia de propaganda, manipulación de cifras e maquillaxe de datos”, apuntou Fernández, quen esixiu unha vez máis á conselleira que faga públicas as listas non estruturais se quere amosar á cidadanía os datos reais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar