Fernández empraza á conselleira de Traballo a comparecer no Parlamento para explicar as manipulacións dos datos do paro

Fernández empraza á conselleira de Traballo a comparecer no Parlamento para explicar as manipulacións dos datos do paro

Fernández empraza á conselleira de Traballo a comparecer no Parlamento para explicar as manipulacións dos datos do paro

 O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández emprazou hoxe a Conselleira de Traballo, durante a súa comparecencia no Pleno do Parlamento na que deu conta das súas accións en materia de apoio ao cooperativismo, a dar a explicacións sobre os escandalosos datos do paro da nosa Comunidade. E insistiu “e de porque pasamos de estar nos mellores postos do Estado en canto a numero de parados e políticas activas de emprego, a estar situados nos últimos postos”.

Advirte que o Goberno de Feijoo “ten competencias plenos para fomentar e reactivar as políticas de emprego na nosa Comunidade, pero non fixo nada de nada”.

Na súa intervención lembrou ademais que o PSdeG-PSOE sempre estivo e estará o lado do cooperativismo, “para facer propostas e iniciativas a prol do cooperativismo sempre estaremos ai, pero facer propaganda  sen contido non”, espetou.

O parlamentario socialistas lembrou tamén a estratexia de maquillar e ocultar as cifras de paro do Goberno de Feijoo coa clave S-698. Esixe explicacións pola súa ineficaz política de emprego, e preguntoulle porque se inventa unha clave que non esta autorizada polo Ministerio de Traballo e que polo tanto non se aplica no resto das CCAA, e coa que se consigue eliminar de “plumazo” un importante número de parados da lista de desemprego.

E envioulle unha mensaxe “que outra cousa mais vai ocultar o Goberno Galego ademais das listas de espera, o rendemento cirúrxico ou as listas do paro que tamén maquillan?”, advertiu.

Dixo que a Conselleira veu ao Parlamento de Galicia “ a vender fume”, xa que asevera que “o pouco que fixo polo cooperativismo é negativo”.

Plan estratéxico de desenvolvemento de cooperativismo 2010 – 2014

 

Fernández López replicou que as iniciativas dentro do Plan Estratéxico 2010-2014, aprobado pola Xunta de Galicia, correspondente a “dinamización económica, crecemento e emprego”, figura o “Plan estratéxico de desenvolvemento de cooperativismo 2010 - 2014”. Denuncia que a día de hoxe “descoñecese este Plan que fora aprobado polo goberno autonómico, nin remitido ao Parlamento de Galicia”.

No que se refire aos indicadores do Plan de fomento do cooperativismo reflicten o obxectivo de constituír 400 cooperativas no período 2010-2014, que son 80 ao ano. Sinala que no 2010 foron 37, “polo que a realidade respecto ao obxectivo anual previsto quedouse no 46 %”.

Tamén sinala que no Programa “324 A” de ”Mellora da organización e administración das relacións laborais e da economía social”,  sufriu un recorte do 23 % nos dous últimos anos, pasando globalmente dos 21,3 MM€ no 2009 aos 17,4 MM€ no 2011 (4 MM€ menos).

Mais recortes

O deputado tamén aludiu a recortes noutras partidas como o Fomento estudios e investigación cooperativa: 30.000 € (194.134 € no 2009) 6 veces menos un 85% menos, o Consello Galego de Cooperativas: 300.000 € (228.676 € no 2009), axudas ao fomento do cooperativismo para as corporacións locais: 250.000 (309.000 € no 2009), que supón 20% menos. Tamén subvencións a empresas para promoción do cooperativismo: 1.435.000 € (Plan Aurora 1.792.871 € no 2009) un 20% menos, o Programa de creación de cooperativas: 500.000 (533.025 € no 2009) un 6% menos. Subvencións a Asociacións de cooperativas e outras empresas de economía social: 616.935 € (702.231 € no 2009) un 13% menos. Plan estratéxico para o cooperativismo: 289.101 € (580.000 € no 2009) un 51% menos. Rede de centros de desenvolvemento cooperativo: 362.285 € (320.000 € no 2009) e Axudas a empresas cooperativas: 600.000 € (1.190.059 e no 2009) un 50% menos.

Coas cifras na man dixo que o descenso nesta campo respecto ao ultimo Goberno de Pérez Touriño “resulta ser do 25/30 %”. E concluíu “esto é o que fai o Goberno Galego polo cooperativismo en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar