Fernández denuncia o reparto "sectario e clientelar" de Feijóo nos fondos de cooperación para o fomento do emprego

Fernández denuncia o reparto "sectario e clientelar" de Feijóo nos fondos de cooperación para o fomento do emprego

Fernández denuncia o reparto "sectario e clientelar" de Feijóo nos fondos de cooperación para o fomento do emprego

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández denunciou en rolda de prensa o reparto “clientelar e sectario” do Goberno de Feijoo dos fondos de cooperación para o fomento do emprego cos concellos de Galicia.

Explica que o pasado 27 de decembro o DOG recolleu unha resolución da Dirección Xeral de Promoción de Emprego na que daba conta do reparto de axudas do 2010 para o fomento de emprego a través de programas de cooperación no ámbito local.
Critica que os criterios consignados polo Goberno de Feijoo neste reparto, xa que afirma que os concellos do PP recibiron case o dobre do que lles corresponde, segundo o numero de parados que teñen, o que supón un 96% mais.

Denuncia que nos concellos que están gobernados polo PSdeG-PSOE “recibiron un 38% menos”, e insistiu “esta é a realidade da redistribución insolidaria e inxusta do Partido Popular”.

Ademais criticou a falla de políticas activas de emprego do goberno de Feijoo. Asegura que os datos do paro sinalan que mes a mes “aumenta sifnificativamente mais que no resto do Estado”.

O deputado socialista lembra que na pasada lexislatura había unha cuota de paro do 12%, das que menos paro había “situándonos nas mais baixas da nosa historia”. Pola contra replica que a día de hoxe os datos sinalan “que estamos por riba do 18%, o que significa un incremento de paro de case 50% nestes últimos 3 anos”. Sinala ademais que no resto de CCAA so aumentaron un 20%.

Sobre os datos de paro no mes de xaneiro asegurou que o PSdeG-PSOE esta moi preocupado polo aumento dun 20% do paro rexistro na nosa Comunidade mais que no resto do Estado. E no que se refire ao numero de afiliacións á Seguridade Social asevera que Galicia perdeu un 28% mais de afiliacións que no resto do Estado. Algo que cualificou como “moi preocupante”. E sobre o numero de contratos dixo “que somos a 4ª comunidade que mais descendeu no mes de xaneiro”.

Cambio de rumbo nas políticas de emprego

Así as cousas afirma que o Goberno de PP están diminuíndo as políticas activas de emprego. E tamén acusou a Feijoo de abandonar as súas responsabilizades fronte a crise. O deputado emprazou ao executivo autonómico a “iniciar un cambio de rumbo nas súas políticas laborais”.

Dixo que a Xunta recortou en 85 millóns de euros a partida destinada para políticas activas de emprego, con respecto a pasada lexislatura. Sinala ademais que se asignaban 1000 euros por cada parado, e agora a cuantia é de 335 euros por parado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar