Fernández: "As listas de espera da sanidade demostran as mentiras do Goberno galego e a merma da actividade asistencial"

Fernández: "As listas de espera da sanidade demostran as mentiras do Goberno galego e a merma da actividade asistencial"

Fernández: "As listas de espera da sanidade demostran as mentiras do Goberno galego e a merma da actividade asistencial"

O secretario de Sanidade do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández, criticou hoxe a nefasta política en materia sanitaria do Goberno de Feijóo e os recortes que está a aplicar á sanidade pública galega, que considerou as causas de que hoxe os galegos e galegas teñan que esperar oito días máis para ser operados que hai un ano, e que haxa 1.250 persoas máis na lista de espera cirúrxica que o pasado ano.

Estes datos “non fan mais que destapar as mentiras do Goberno de Feijoo, que di que se aumentou a actividade cirúrxica, mentres vemos que hoxe hai mais pacientes esperando e teñen, ademais, que esperar oito días máis para ser operados”.

A isto engadiu que “hoxe hai mais de 700 galegos e galegas que teñen que esperar por unha intervención mais de un ano cando hai un ano esa cifra era de 52”.

“Os socialistas galegos nos preguntamos se esta e a eficacia e eficiencia que predica o presidente da Xunta: Mais galegos e galegas esperando por unha intervención, mais días e un importante número de eles esperando mais de 1 ano por unha operación que precisan”, sentenciou.

Fernández volveu a esixir ao Goberno de Feijóo que faga pública a lista de espera non estrutural “que tanto a anterior conselleira de Sanidade como a actual están a utilizar para ocultar a mais de 15.000 galegos e galegas que non constan nas listas publicadas”.

O socialista tamén denunciou que a actividade cirúrxica nos centros públicos “está en mínimos históricos” mentres que a derivación a centros concertados “aumenta mes a mes”.

En canto as probas diagnósticas, lamentou a “espera intolerable” que sigue a existir en moitas delas que son fundamentais para o diagnóstico de patoloxía tumoral, que segundo o Goberno galego é unha prioridade. Así, denunciou que as endoscopias dixestivas seguen a ter unha espera media de 87 días e a urolóxica de mais de 190 días cando hai un ano esta era de 62 días.

En canto as esperas para unha primeira consulta de especialidades, apuntou que os datos oficiais falan dunha espera media de 65.8 días “pero os galegos saben que moitas axendas as teñen pechadas e que a espera real e moi superior”.

“A austeridade do Goberno de Feijóo conseguiu que 320.000 galegos e galegas agarden por unha intervención cirúrxica, unha primeira consulta ou unha proba diagnóstica, e que nun ano sexan máis os que esperan e que sexan máis os días que teñen que agardar para ser atendidos no sistema sanitario público”, sinalou.

1,2 millóns en autobombo
Na mesma liña cuestionou que o Goberno galego manteña un ataque sistemático á sanidade pública con continuos recortes que afectan á calidade do servizo, mentres a Consellería de Sanidade 1,2 millóns de euros en publicitar o suposto aforro que supuxo o catálogo priorizado de medicamentos.

“É dicir, que en lugar de investir en mellorar a calidade do servizo aos cidadáns, a Xunta prefire investir no autobombo”, criticou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar