Fernández: “As cifras das políticas laborais de Feijoo suspenden en tódolos sectores”

Fernández: “As cifras das políticas laborais de Feijoo suspenden en tódolos sectores”

Fernández: “As cifras das políticas laborais de Feijoo suspenden en tódolos sectores”

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu hoxe no Pleno do Parlamento para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre as medidas previstas pola Consellería de Traballo respecto da evolución dos datos do Rexistro Publico do Servicio Publico de Emprego.

O deputado lembra que as competencias en materia de emprego están transferidas ao Goberno Autonómico. E denuncia coas cifras na man que Galicia, perdeu hoxe 81.500 empregos dende a chegada de Feijoo á Xunta, e o número de parados incrementouse en 63.800, un 39,2% mais. Dixo que a taxa de emprego das persoas en idade de traballar reduciuse en 3,2 puntos, e a de paro aumentou en 5 puntos ata o 17,24%.

O parlamentario socialista argumenta que a diminución ou o crecemento das diferenzas coa media estatal é o indicador que nos permite valorar a eficacia das políticas de emprego da nosa comunidade. Por iso asevera que “as políticas do Presidente Feijoo suspenden en todos eles: paro rexistrado, afiliación, paro epa, ocupados”, espetou.

Fernández López subliña os datos publicados no Sistema de Xestión dos Servizos Públicos de Emprego estatais en Marzo do ano 2009, indicaban que Galicia era a 4ª Comunidade Autónoma que mellor controlaba o crecemento interanual de Demandantes de Emprego non Ocupados (DENOS), despois de Melilla, Ceuta e Estremadura, estando 20 puntos porcentuais por debaixo da media estatal.
Pero advirte que 2 anos e medio despois da chegada de Feijoo “ocupamos o 7º posto en crecemento interanual de demandantes de emprego non ocupados”.

Soberbio traballo de Fomento

Mais polo miúdo replica que a folla de ruta das políticas laborais do Goberno do PP amosan que o sector agrogandeiro perdeu un 10,5% de afiliación fronte ó 1,7% no Estado. No que se refire ao conxunto da industria manufactureira ten unha perda diferencial co estado de 2.764 afiliados debido á caida de 1,8 puntos mais ca media estatal. No campo da construcción, perdeu tres puntos menos, retendo 3.661 afiliados. Neste punto destacou o “soberbio traballo do fantástico Ministro de Fomento”, coa licitación do AVE na nosa Comunidade.

No que atinxe aos servizos Galicia perde 1,3 puntos en relación coa media estatal. De mantelo mesmo nivel, contaríamos hoxe en Galicia con 11.391 afiliados mais.

Sanidade, servizos, ensino perderon afialados

Na sanidade, fronte a un incremento medio do 2,5%, en Galicia produciuse unha perda de 1,7 puntos. Co mesmo ritmo habería 2.453 afiliados mais na sanidade galega. No que se refire aos servizos sociais fronte ós 15,7 puntos que medrou a afiliación galega, contrapóñense cos 26,6 do Estado, que, de ser similares, suporían 2.269 postos mais. E na area do ensino Galicia perdeu 0,2 puntos en vez de medrar en 2,3 como o fixo o Estado, o que supón 705 empregos. E nas propias administracións públicas prodúcese unha diminución do 2,7% fronte ó 1,4% de media estatal.

Con este panorama o portavoz de Traballo afirma que as políticas do Goberno de Feijoo afondaron mais na crise, e ademais eliminaron o diferencial positivo que tiña Galicia fronte a media estatal. Asegura que “o resultado desas políticas son 81.500 empregos menos e 63.800 parados mais”.

O deputado dixo que “a única actuación na que parece obter bos resultados é na manipulación das cifras do paro rexistrado”, en alusión a utilización da clave S-698 .

Fernández López envioulle unha mensaxe ao Goberno de Feijoo “é preciso virar o rumbo do emprego, investindo en políticas activas que impulsen un novo modelo productivo”. Pero advirte que “o emprego non é unha prioridade política para este goberno da Xunta”.

Por ultimo sinala que cos fondos propios pásase de destinar 1.060 euros por parado en 2009 a soamente 335 euros. Para manter o mesmo investimento que en 2009 faría falta un aumento de 85.660.584 €, cantidade moi semellante á que se recortan os fondos: 85.487.911€.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar