Fernández advirte que Feijóo incumprirá o compromiso de abrir a unidade hemodinámica cardíaca de Lugo

Fernández advirte que Feijóo incumprirá o compromiso de abrir a unidade hemodinámica cardíaca de Lugo

Fernández advirte que Feijóo incumprirá o compromiso de abrir a unidade hemodinámica cardíaca de Lugo

O deputado Miguel Angel Fernández interveu no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre a posta en marcha da unidade de hemodinámica de Lugo no prazo esixido. Alí acusou á Conselleira de Sanidade de mentir “xa que si quedaba orzamento para o equipamento”.

E preguntoulle de “onde sacaron os cartos para as resonancias magnéticas novas, e para un aparato exactamente igual que o que estamos pedindo na unidade de hemodinámica, e que hoxe esta aberto na unidade de radioloxía bascular” e insistiu “de onde saíu ese diñeiro?”.

O deputado quere saber “que intereses son os que move o goberno de Feijoo son intereses turbios “para que Lugo non teña esa unidade, e para en Ourense non funcione as 24 horas”. E acusou á Xunta “ de gastar mais de 2 millóns de euros en propaganda sobre os xenéricos, prioricen”, espetou.

O parlamentario lembrou, na súa intervención, que na pasada lexislatura os responsables da Consellaría de Sanidade asumiron o compromiso de modificar o Plan funcional do Novo Hospital de Lugo, que deixaran os gobernos galegos anteriores, e incluír no novo hospital unha Unidade de Hemodinámica Cardíaca ademais dunha unidade de Radioterapia e Medicina Nuclear.

Advirte que dende a chegada de Feijoo á Xunta de Galicia “empezaron a xurdir as dubidas”, xa que se abriu o hospital e os diferentes servizos que se encontran en funcionamento dende hai máis dun ano, pero denuncia “os servizos de hemodinámica aínda non están en funcionamento”.

Pola súa banda a Consellería de Sanidade aseguraba “que dito atraso era consecuencia dun concurso de alta tecnoloxía”, e subliña que “o propio Feijoo comprometeu que os servizos estarían a pleno funcionamento antes do verán do 2011, posteriormente prometeu o mesmo para antes de finais do 2011”.

Replicou ademais que o PSdeG-PSOE presentou diversas iniciativas na Cámara, e lembrou que unha moción que foi aprobada por unanimidade, na que se instaba o Goberno galego; a que nun prazo non superior a 6 meses, dende o 2 de novembro, a adxudicar o equipamento necesario para abrir a dita unidade. Tamén se instaba á Xunta a poñer en marcha as Unidades de Hemodinámica de Ourense e Lugo as 24 h. do día.

Subliña que despois de 4 meses dende a súa aprobación, e con profesionais cualificados contratados polo xefe de Servizo para poñer en marcha a dita unidade, tanto “o propio xefe de Servizo, os responsables do centro e a cidadanía en xeral aínda non teñen ningunha noticia sobre a adxudicación da tecnoloxía necesaria para a apertura da unidade no prazo aprobado por este Parlamento”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar