Fernández advirte do desmantelamento dos hospitais comarcais trala integración da súa xestión

Fernández advirte do desmantelamento dos hospitais comarcais trala integración da súa xestión

Fernández advirte do desmantelamento dos hospitais comarcais trala integración da súa xestión

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, advirte que a integración da xestión das áreas sanitarias do Salnés en Pontevedra e de Valdeorras en Ourense, a súa eliminación na práctica, vén a confirmar a intención de desmantelamento dos hospitais comarcais por parte da Xunta de Galicia.

“Demostran as mentiras da conselleira a todos os galegos, que sufrirán unha merma na calidade asistencial destes hospitais, aos que se sumarán nun futuro próximo os hospitais de Burela e Monforte”, afirma.

Fernández explica que os socialistas e as Plataformas en Defensa da sanidade Pública defenden a mesma estrutura de áreas sanitarias e a xestión autónoma da mesma, polo que piden se revoque o decreto do pasado venres.

Lembra que as áreas sanitarias se crearon no seu día por circunstancias poboacionais e xeográficas que facían necesaria unha xestión autónoma dos servizos sanitarios nestas zonas, “circunstancias que cremos se manteñen, polo que non hai criterios para integrar a súa xestión económica”.

Sinala que “é evidente que ao integrar a súa xestión os centros de referencia obteñen unha clara vantaxe sobre os comarcais á hora de recibir orzamentos e Plans Directores”. “Tememos que a ampliación do Salnés non se executará”, engadiu.

Neste sentido pediu á conselleira que se garantan as inversións e que demostre que efectivamente o decreto do pasado venres no impedirá a conclusión dos Plans Directores dos hospitais comarcais.

O dirixente socialista apunta que o paso seguinte será o peche de servizos e o traslado de profesionais aos hospitais de referencia, como xa está a ocorrer nalgún centro.

Así, puxo como exemplo o que acontece en Monforte, onde se rescindiu o contrato aos oftalmólogos, que posteriormente foron contratados por un centro sanitario concertado onde agora son derivadas todas as operacións de cataratas.

Considera ademais que a actitude do Partido Popular da Xunta de Galicia é a contraria á seguida noutras comunidades autónomas como Cataluña, Andalucía ou Madrid, onde se amplían os servizos nos hospitais comarcais.

Fernández conclúe que este decreto está en liña coas políticas postas en marcha pola Sra. Farjas, que recorte tras recorte afondan nun deterioro continuado do sistema sanitario público que conduce á súa privatización.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar