Fernández acusa á Xunta incumprir o compromiso de abrir as unidades de coronaria aguda en Lugo e Ourense a pleno rendemento

Fernández acusa á Xunta incumprir o compromiso de abrir as unidades de coronaria aguda en Lugo e Ourense a pleno rendemento

Fernández acusa á Xunta incumprir o compromiso de abrir as unidades de coronaria aguda en Lugo e Ourense a pleno rendemento


O parlamentario socialista Miguel Ángel Fernández acusou hoxe á Consellería de Sanidade de levar tres anos de goberno “recortando e maquillando” no que cualificou de “goberno esteticien”. Así o dixo logo de evidenciar a limitación dos medios en ditos centros pola ausencia de unidades hemodinámicas a pleno rendemento.

Fernández reclamou á conselleira que “dimita” de ser incapaz de poñelas en marcha, e esixiu “igualdade” no trato sanitario co resto de Galicia coa apertura das unidades durante 24 horas ao día, o que se ten demostrado como “unha necesidade”. Advertiu que o goberno “non proporciona o mesmo tratamento na patoloxía coronaria aguda a tódolos galegos e galegas” discriminando ás provincias do interior de Coruña e Pontevedra.

Acusou á conselleira de Sanidade de manter a Unidade de Coronaria Aguda de Ourense cun horario de 08,00 h a 15,00 h, mentres no Hospital Lucus Augusti levan dous anos e medio cun equipo de hemodinámica “sen adquirir”, radioterapia e medicina nuclear “sen equipar e sen abrir”. Sinalou que Feijóo leva 3 orzamentos presentados na cámara sen ter disposto as partidas necesarias para estes servizos.

Nada feito

O responsable socialista acusou á conselleira de non ter feito “nada” para garantir o mesmo tratamento na patoloxía coronaria aguda a tódolos galegos e galegas. Lembrou que a unidade de Ourense comezou a funcionar “poucos meses antes do cambio de goberno”, mentres a unidade de Lugo “quedou deseñada e preparada xunto á Unidade de Radioloxía Intervencionista.

A pesares de que o goberno socialista deixou o orzamento disposto para dotar ao Hospital de Lugo desta unidade á espera de dispor os enganches no teito e no chan en función da empresa concesionaria. A partir de entón, dixo, e ata hoxe, “a situación é a mesma” diante da renuncia do goberno galego a poñer en marcha esta unidade.

Sinalou que, mentres, “comprou un equipo de hemodinámica semellante para outro servizo sen utilizar o diálogo competitivo, circunstancia á que este goberno achaca o retraso e non compra o de hemodinámica cardíaca, impedindo de xeito intencionado a apertura da unidade”.

Miguel Ángel Fernández esixiu á conselleira que explique “cándo vai funcionar a unidade de Ourense as 24 horas do día, cándo se vai adxudicar a Unidade de Hemodinámica de Lugo e cándo vai iniciar o seu funcionamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar