Fernández acusa a Feijóo de non ter previsto as consecuencias da "inxusta e ineficaz" reforma laboral en Galicia

Fernández acusa a Feijóo de non ter previsto as consecuencias da "inxusta e ineficaz" reforma laboral en Galicia

Fernández acusa a Feijóo de non ter previsto as consecuencias da "inxusta e ineficaz" reforma laboral en Galicia

O portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario Socialista, Miguel Ángel Fernández López ven de preguntar ao Goberno galego polas previsións que manexa sobre o número de empregos que vai xerar na nosa comunidade a reforma laboral aprobada polo Goberno de España.

O deputado socialista xustifica esta iniciativa na “inquietude e a alarma social” que os efectos da Reforma Laboral aprobada polo Goberno de España esta a provocar na sociedade galega, “como se demostrou coas mobilizacións e manifestacións que tiveron lugar durante esta fin de semana”, afirmou.

Miguel Ángel Fernández cualificou a reforma laboral aprobada o pasado 10 de febreiro como “a máis profunda e lesiva para os intereses dos traballadores de toda a democracia”. Unha reforma que, en opinión dos socialistas, “é inxusta, desequilibrada e ineficaz”. Unha reforma que “como veñen de recoñecer certos membros destacados do Goberno, non vai xerar emprego e parece ser que a súa principal pretensión é o abaratamento do despedimento”, engadiu.

Debullando a reforma laboral do PP o parlamentario socialista salientou que permite as modificacións de salarios, xornadas e horarios laborais de forma unilateral por parte dos empresarios; tamén permite iniciar un expediente de regulación de emprego sen necesidade dunha autorización administrativa.

Con estas medidas, insiste Fernández López, o Goberno “racha as relacións de equilibrio existentes no noso sistema de negociación colectiva entre traballadores, representantes de traballadores e empresarios”. Tampouco consigue incentivar a creación de novos contratos.

A reforma “aprobada polo Goberno de España por decreto”, crea unha nova modalidade de contrato de un ano con despido libre e gratuíto, segundo afirman os socialistas.

As medidas postas en marcha polo Goberno “están a xerar unha gran inquedanza e alarma social entre os traballadores e a sociedade en xeral”, dixo. Dita inquietude manifestouse nas múltiples mobilizacións e concentracións levadas a cabo en España e en Galicia.

En Galicia preto de 150.000 galegos e galegas participaron nas 9 manifestacións ou concentracións levadas a cabo fronte a esta “inxusta, ineficaz e inútil reforma”, apuntou Miguel Ángel Fernández.

O Goberno galego vén de defender a través do seu presidente e doutros membros do Goberno a dita reforma, pero sen aportar datos sobre as previsións ou consecuencias que vai producir no mercado laboral de Galicia. Por iso o deputado socialista acusa á conselleira de Traballo e ao Presidente da Xunta de non tes feito ningunha previsión respecto a como afectará aos galegos e ás galegas. “Vostedes levan desgobernando Galicia tres anos e non fixeron previsión das súas consecuencias”, das que xa advirten os representantes da Patronal.

Así Fernández López recordoulle a valoración que da reforma están a facer o Presidente da Confederación de Empresarios, o da Cámara de Comercio, a Asociación de Construtores, ou o propio presidente da CEOE, “antes de que lle chamasen á orde por teléfono”, dixo. Todos coinciden en que a reforma “non vai crear emprego por decreto”, resumiu o deputado socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar