Fernández: “A reforma laboral ataca aos traballadores asumindo as teses máis reaccionarias do empresariado”

Fernández: “A reforma laboral ataca aos traballadores asumindo as teses máis reaccionarias do empresariado”

Fernández: “A reforma laboral ataca aos traballadores asumindo as teses máis reaccionarias do empresariado”

O portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Miguel Ángel Fernández, considera que a reforma laboral presentada onte polo Goberno do Estado “é unha reforma laboral que vai contra os traballadores e asume as teses da parte máis reaccionaria do empresariado”.

Fernández incidiu en que “o Goberno de Rajoy asume as teses da parte máis reaccionaria do empresariado, e non só desregula as relacións laborais, senón que as priva de tutela xudicial efectiva. Estamos diante dunha desregulación laboral que terá graves consecuencias”.

Neste senso, o deputado socialista advertiu que “a reforma laboral implanta dúas medidas de gran transcendencia e que poden provocar, e provocarán, infinidade de conflitos”.

Deste xeito, destacou que “suprimen a vixencia dos convenios unha vez leven dous anos denunciados, co que a negociación do seguinte será dende cero”. E tamén advertiu que “o convenio de empresa primará sobre os sectoriais, facilitando ademais ó descolgue deles. Isto suporá, entre outras cousas, a posibilidade de que as empresas fagan dumping salarial e establezan unha competencia desleal, que irá obviamente en detrimento da innovación e do progreso”.

O deputado socialista denunciou que “o Goberno do Rajoy di promover a estabilidade no emprego e a única medida nova que pon enriba da mesa é que ata os trinta anos se poderán ter contratos de formación, suprimindo a regulamentación anterior”, e lembrou que “unha persoa soamente podía estar un máximo de dous anos con tipo de contrato.

Deste xeito, alertou de que “a mocidade estará en situación de precariedade absoluta, unha mocidade que en Galicia ten a taxa de paro das máis alta do Estado, provocada pola nefasta xestión laboral que esta a levar a cabo o goberno de Feijoo”.

Ademais Fernández sinalou que “o feito de abaratar o despido ata extremos impensables, supón precarizar a totalidade das relacións laborais. Diminúese a indemnización en máis do 40%”. “Aínda que repón a limitación de contratos para un mesmo traballador, non regula nada sobre a rotación de traballadores nun mesmo posto, nin sobre as taxas de estabilidade das empresas. Volverase a situación de ter varias plantillas que van rotando cada dous anos nos mesmos postos”, destacou.

O responsable de emprego do PSdeG apuntou que “para Galicia que liderou o número de ERES aprobados nos últimos dous anos, a decisión do Goberno de Rajoy de eliminar a intervención xudicial previa, e mesmo a autorización administrativa nos expedientes de regulación, é gravísimo”.

Por último, Fernández incidiu en que “é inaceptable esta reforma laboral porque é un ataque directo aos grandes prexudicados pola crise, traballadores e parados. Significa unha volta atrás hasta os tempos predemocráticos, sen dúbida é moi negativa para os galegos e galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar