Fenda dixital entre os centros educativos do rural e das cidades

Fenda dixital entre os centros educativos do rural e das cidades

Fenda dixital entre os centros educativos do rural e das cidades

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, denunciou a existencia dunha Galicia educativa de dúas velocidades e pediulle á Consellería de Educación que corrixa a fenda dixital entre os centos rurais e urbanos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Educación celebrada hoxe no Parlamento.

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que “non permitan que mentres hai centros comodamente instalados no século XXI, moitos centros educativos do rural se manteñan no século XX”. Sinalou que esta é unha consecuencia mais dos drásticos recortes impostos polo goberno de Feijóo, que pasou de investir 860 euros por alumno en 2009 a tan só 670 en 2014.

Docasar reclamoulle ao PP e ao goberno galego que aproveiten o debate de Orzamentos para aprobar as emendas socialistas para poñer en marcha “un Plan serio, pautado e rigoroso” dende o ano 2015 para “corrixir as desigualdades no acceso a internet entre centros educativos das cidades e centros educativos do rural”.

Apelou á responsabilidade do goberno galego para “non permitir unha Galicia de dúas velocidades no acceso ás novas tecnoloxías dos centros educativos galegos e unha Galicia de dúas velocidades nos equipamentos informáticos”. Sinalou que “cando os gobernos elaboran as súas contas é cando hai que tomar decisións estratéxicas, como é evitar a enorme fenda dixital existente en Galicia ente uns centros e outros en función do lugar onde estean situados”.

O portavoz de Educación levou á Comisión, como exemplo, o caso dun centro dunha pequena vila do rural que leva seis anos sen recibir nin un só novo ordenador e que se viu obrigado a afrontar o cambio dos ordenadores da súa aula de informática con recursos propios, e facelo renunciando a poñer a calefacción en moitos días de frío e soportando por elo as queixas do propio alumnado e das súas familias.

Unha vez que contan co material, dixo, a velocidade máxima de acceso a internet é de 8 megas para preto de 100 ordenadores “mentres o conselleiro presume de centros cunha velocidade de 100 megas e eles non poden ver cun mínimo de calidade un vídeo en Youtube ”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar