Feijóo debe volver á casilla de saída e retirar a reforma da Lei de Saúde

Feijóo debe volver á casilla de saída e retirar a reforma da Lei de Saúde

Feijóo debe volver á casilla de saída e retirar a reforma da Lei de Saúde

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe a Feijóo que “volva á casilla de saída” e retire o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde concibido para reducir servizos. O responsable socialista dedicou a sesión de control ao presidente no Pleno de hoxe para cuestionar unha reforma que “só beneficia á sanidade privada”.

Leiceaga alertou da “contestación social inusitada” que está a provocar unha reforma dirixida a limitar a participación dos pacientes na xestión dos servizos sanitarios e “sobre todo pola eliminación das áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Lemos e a comarca de Valdeorras”. En definitiva, consolidar unha sanidade “de primeira”, en torno aos grandes hospitais, e un servizo “de segunda” que lles retira servizos aos que viven máis afastados.

Reclamou así que “retire o Anteproxecto de Lei e reforce os hospitais comarcais para evitar favorecer o avance da sanidade privada” e recomendoulle que “lle faga caso aos alcaldes, ao persoal sanitario que se está a concentrar nas porta dos centros, fágalle caso á cidadanía –apostillou- e acertará”.

O portavoz socialista cuestionou “o fondo e a forma” desta reforma que “non estaba prevista no programa nin no discurso de investidura” de Feijóo e que a pesares de ter sido presentada en plenas vacacións, suscitou 2.000 alegacións. Un síntoma, explicou, de que “a sanidade preocupa a tódolos galegos e galegas, que advirten un risco serio de redución de servizos sanitarios”.

No fondo, continuou, supón a eliminación de catro áreas sanitarias, continuando a redución de autonomía funcional e orgánica que comezou coa creación das Eoxis para unhas áreas que carecen de “arredor de 40” especialidades sanitarias. O goberno, dixo, provoca “desequilibros que só se explican porque hai un plan para reducir progresivamente as especialidades” ofrecidas nestes centros.

Preguntou “por qué Valdeorras ou Salnés teñen cardioloxía 1 ou 2 días á semana pero non na Mariña ou Monforte, por qué non dotan os servizos con máis persoal, por qué hai servizo de endocrinoloxía ou nefroloxía en todos menos no Hospital da Costa. Advertiu ademais que incluso a ampliación do Hospital do Salnés con fondos comunitarios supón “unha forma de despilfarro” ao ampliar Urxencias sen dotalo de persoal necesario.

Sanidade peor valorada

Fernández Leiceaga apuntou que a propia proposta de reforma sinala as intencións do goberno ao substituír o obxectivo de atender ás necesidades sanitarias da poboación fixado na Lei en 2008 pola “óptima utilización dos recursos dispoñibles”. Advertiu que grazas á xestión de Feijóo Galicia é hoxe a terceira autonomía coa sanidade peor valorada, só por diante claramente de Canarias.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que atenda á demanda social, e apuntou que de acordo co CIS de 2016, 4 de cada 5 persoas consultadas piden cambios de fondo na sanidade, reforzando o seu carácter público, reducindo as listas de espera e aumentando servizos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar