Feijóo vétalle ao Parlamento os datos sobre as viaxes institucional do Goberno

Feijóo vétalle ao Parlamento os datos sobre as viaxes institucional do Goberno

Feijóo vétalle ao Parlamento os datos sobre as viaxes institucional do Goberno

Entrada ParlamentoA portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, esixiulle hoxe á Xunta que recupere a práctica do goberno socialista de Touriño de comparecer e facer públicos os custes das viaxes institucionais do presidente e dos membros do goberno. Así o dixo na comparecencia do goberno para ofrecer unha información “carente de previsión, avaliación nin resultados” da axenda de viaxes institucionais.

A responsable socialista afeoulle ao goberno galego que teña ofrecido hoxe unha “mera suma de axendas enumeradas sen mais”, vetando as comparecencias dos máximos representantes do goberno galego e calquera información sobre os custes e os motivos das súas viaxes. Lembrou que durante o goberno socialista o PP consideraba “escaso” que o presidente comparecera e ofrecera os custes e os resultados das viaxes.

Sestayo sinalou que “non imos ser tan esixentes como eran vostedes, non queremos o custe exacto con céntimos de euro, pero queremos saber cánto custou a viaxe, quén foi acompañando e a axenda das viaxes institucionais dos membros do goberno”.

A deputada socialista advertiu en concreto das reiteradas viaxes do director xeral de Xuventude e Voluntariado, que “nos consta que ten realizado viaxes a conta da Xunta nas que se incluíu a altos cargos militantes do PP”. Beatriz Sestayo esixiu os datos “máxime cando corresponden a unha Consellería, a de Traballo e Benestar, que está sendo investigada polo suposto desvío de fondos de cursos de formación para financiar ao PP.

Ningún acordo

Engadiu, logo de atender á comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores, que o goberno galego “enumerou as viaxes pero non presentou ningún acordo” con ningún dos países aos que visitaron os membros do goberno galego.

Así, criticou que Feijóo viaxara a Bruxelas e “obviara calquera tipo de entrevista ou contacto na defensa do naval galego ou para conseguir o dique flotante para Ferrol”. Salientou o “papelón” do presidente galego nesta visita na que anunciou fondos cofinanciados entre Galicia e a UE cando unha terceira parte dos orzamentos destes proxectos están sen executar precisamente pola falla do financiamento da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar