Feijóo utiliza a Lei de acompañamento para modificar 20 leis en "fraude parlamentaria"

Feijóo utiliza a Lei de acompañamento para modificar 20 leis en "fraude parlamentaria"

Feijóo utiliza a Lei de acompañamento para modificar 20 leis en "fraude parlamentaria"

Méndez Romeu compara a actividade lexislativa de Feijoó co “manto de Penélope” que “tece e destece” logo de utilizar os Orzamentos para cambiar 8 das súas propias leis.

Considera a trama de corrupción dos amigos íntimos do presidente como “un iceberg do que cada día hai mais parte visible.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao presidente da Xunta de utilizar a Lei de Acompañamento aos Orzamentos como treta para perpetrar a “fraude parlamentaria” de modificar sen debate un total de 20 leis. Esta estratexia provoca unha notable “inseguridade xurídica” e evidencia un “grao de improvisación impropio do goberno que ten a maioría absoluta”.

Así o dixo logo de constatar que das 20 leis modificadas neste ano, 8 corresponden ás aprobadas polo propio Feijóo previamente. Dixo que o presidente da Xunta “tece e destece” as leis e utiliza a produción lexislativa do goberno “como o manto de Penélope” para modificar os seus actos lexislativos “mínimamente receptivo ás suxerencias e indiferente á calidade normativa”.

Criticou a tendencia dos gobernos do PP a utilizar este tipo de estrataxemas lexislativas, logo de que Fraga empregara a coñecida como Lei de acompañamento en 7 ocasións, Touriño ningunha e Feijóo en tres, 2010, 2011 e agora, en 2014, omitindo ademais o informe preceptivo do Consello Económico e Social.

Desta volta Feijóo utiliza o trámite dos orzamentos para modificar pola vía “express” regulamenta as vivendas en aluguer para uso turístico, modifica en profundidade o réxime das Cámaras de Comercio con carácter invasivo, obrigando a dispor dunha en cada provincia.

Tamén modifica a concesión da autovía da Costa da Morte “á medida do contratista” vulnerando tódolos principios da libre concorrencia establecendo un réxime claramente vantaxoso para o adxudicatario. Lembrou que a obra acumula un sobrecuste do 235 por cento sobre a licitación prevista polo goberno socialista hai seis anos “e aínda non está asfaltado un só quilómetro”.

Méndez Romeu sinalou que a “produción lexislativa incesante” de Feijóo “entorpece a actividade empresarial”, sometida a un entorno xurídico cambiante e provoca custes importantes. Ademais, vai modificar a Lei de Racionalización, publicada hai só 9 meses, ou a Lei do Xogo, publicada hai só 4, para duplicar o número de casinos de Galicia sen concurso público.

Prexuízo dos cidadáns

Tamén modificará a Lei de Servizos Sociais “en prexuízo dos cidadáns” ao reducir o prazo para rexeitar as solicitudes que non sexan respondidas en 3 meses, en lugar dos 9 cos que contaban ata agora –o coñecido como silencio administrativo negativo-. Esta modificación anticipa un “masivo desestimento” dos milleiros de solicitudes de axudas de Dependencia que o goberno está revisando de oficio.

Sinalou o caso particular da Lei do Solo, modificada de novo logo de ser reformada en marzo de 2010 e de novo na Lei de acompañamento de 2011 e coa Lei de Vivenda de 2012. Critica que Feijóo continúa modificando esta normativa ao tempo que “chama á estabilidade da normativa do solo” mentres engade outros 6 informes obrigatorios para estas actuacións, como o de patrimonio, montes, augas ou paisaxe.

Méndez Romeu dixo que a actividade lexislativa do goberno de Feijóo presenta unha “sucesión de ocorrencias”, cando moitas destas leis son en realidade “monumentos ao baleiro carentes de calquera eficacia práctica”. Citou así as Leis de Comercio, Turismo, Naval, Política Industrial, Emprendemento ou Innovación, con resultados nulos para as actividades que regulan.

É o caso tamén de leis “meramente declarativas” como a de consumo de bebidas alcohólicas nos adolescentes, a de Apoio á Familia, do Voluntariado, a de Inclusión Social ou a da Calidade dos servizos. Mentres, deixa outras normas sen aplicar, como a de Medios Públicos de Comunicación ou a Lei da Área Metropolitana de Vigo.

Corrupción

Méndez Romeu criticou que o presidente da Xunta intente vestir unha actividade lexislativa que en realidade agocha un “fiasco” que demostra a “incapacidade xestora e ineficiencia rampante” mentres contempla unha auténtica “marea de escándalos” de corrupción no seu entorno mais íntimo.

Sinalou que os datos dados a coñecer cada día polos sumarios xudiciais e os implicados evidencian “un iceberg que ten cada día mais parte visible” relacionada coas amizades persoais “altamente interesadas” do presidente da Xunta. Sinalou que “non sabemos si o beneficio que acadan deriva da relación co presidente ou si acoden a estas relacións para buscar beneficio”.

En calquera caso, dixo, as declaracións feitas esta fin de semana polos implicados na trama “apuntan a un círculo moi íntimo de conseguidores, comisionistas, abreportas, axentes en definitiva de tramas organizadas para financiarse a costa de recursos públicos”. Mentres, dixo, o presidente da Xunta elude dar explicacións e “nega a documentación” solicitada polos grupos parlamentarios.

O presidente da Xunta, dixo, que “faltou á verdade cando dixo que somentes unha das empresas afectadas en Madrid –dentro da Operación Púnica- tiña contratos co Sergas, xa que ten mais contratos e abrangue mais áreas, por exemplo con Sogama”. Estes casos demostran, subliñou, un “nulo compromiso na loita contra a corrupción” e “cuestionan a moralidade dalgunhas das persoas que dirixen a política galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar