Feijóo traizoa a Galicia cos seus incumprimentos no AVE e a transferencia da AP-9

Feijóo traizoa a Galicia cos seus incumprimentos no AVE e a transferencia da AP-9

Feijóo traizoa a Galicia cos seus incumprimentos no AVE e a transferencia da AP-9

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, acusou a Feijóo de “traizón ás súas propias promesas e a tódolos galegos e galegas” polo incumprimento dos seus compromisos co AVE e a transferencia da AP-9 a Galicia. Así o dixo no debate dos orzamentos da Consellería de Infraestruturas, hoxe na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “demostrar que, en contra do que di a súa publicidade, é un militante do PP e non un militante de Galicia”. “Bastáronlle –dixo- un par de horas reunido co novo ministro de Fomento para capitular e aceptar un AVE adiado e de segunda para Galicia e ningunear o acordo unánime do Parlamento de Galicia ao renunciar á transferencia da xestión da AP-9”.

Fernández dirixiuse á conselleira de infraestruturas e Vivenda, a quen cualificou de “insolvente, incompetente e inservible para as necesidades dos galegos e das galegas”, que cambia a autocrítica e o recoñecemento dos seus evidentes incumprimentos por unha intervención “compracente, repetitiva e saturada de obviedades”.

Criticou o seu “conformismo” cunhas contas “lastradas en 2016 polos adiamentos de tódalas actuacións relevantes do goberno galego en coherencia coa súa obsesión con cumprir coas esixencias financeiras impostas polo goberno central”. Así sucede coas grandes obras de infraestruturas, paralizadas, adiadas e, no mellor dos casos, con partidas moi por debaixo das plurianualidades previstas polo propio goberno galego.

No apartado de mobilidade, sinalou, “a súa única actuación relevante foi a sentenza do Tribunal Supremo anulando as prórrogas ás concesións de transporte de toda Galicia, levando a incertidume ao sector, poñendo en risco o tecido empresarial, os postos de traballo e un servizo fundamental para a cidadanía”.

Criticou que a súa única actuación neste sentido para o próximo ano sexan “milongas” e a evidencia de que “tódalas grandes estacións intermodais previstas para as principais cidades galegas están desaparecidas dos orzamentos”.

Finalmente, en canto á política de Vivenda, lembrou a caída un 13 por cento no orzamento previsto para o Instituto Galego de Vivenda e Solo, cunha menor venda de solo do previsto, evidenciando “simple e llanamente unha mala planificación orzamentaria”.

Ademais, lembrou a caída no nivel de execución das partidas para rehabilitación de vivenda, apenas un 47,43 por cento, co que aos 117 millóns recortados nestas partidas dende 2009, deixaron outros 150 millóns sen executar.

Advertiu “obxectivos sociais pingües e cifras pouco realistas e enganosas” nun apartado no que “o único que fixeron foron anunciar falsos incrementos de investimento e apoio ás políticas de rehabilitación e fomento do aluguer, cando o que demostran cada ano é a súa incapacidade e nula intención para distribuír as axudas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar