Feijóo toma "por idiotas" aos produtores de leite galegos

Feijóo toma "por idiotas" aos produtores de leite galegos

Feijóo toma "por idiotas" aos produtores de leite galegos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, dixo que o presidente da Xunta e á conselleira de Agricultura “ou enganaron aos produtores de leite ou non lles fixeron ningún caso”. Así o dixo logo de que onte o Senado aprobara a Lei de Cadena Alimentaria sen incorporar unha soa das demandas comprometidas e asinadas co sector en decembro.

García dixo que “sabiamos que Feijóo non tiña palabra, pero agora sabemos que tampouco ten firma” ao incumprir o acordo cos produtores galegos e engadiu que “si toma aos 13.000 produtores de leite galegos por idiotas a verdade é que ten un problema”.

O parlamentario socialista esixiulle ao goberno galego que esgoten todas as posibilidades que teñan para incorporar as demandas comprometidas co sector antes da aprobación final do texto, o próximo mércores no Congreso. Reclamoulle ao presidente da Xunta que “exerza o poder que afirma ter” para beneficiar aos produtores galegos.

García amosou o seu escepticismo diante deste derradeiro trámite, xa que logo de oito meses de debate “sen ningún tipo de éxito”, agora “quedan tres días para que Feijóo e a conselleira de Agricultura poidan arranxar algo”. Lamentou que logo de todo este tempo a Lei non incorpora “nin un só guiño” ao sector leiteiro.

Pablo García lamentou que malia que o documento asinado entre a Xunta e os produtores sinalaba especificamente que incorporar un código de boas prácticas non sería suficiente, a realidade é que a lei finalmente inclúe a mediación “se as dúas partes están de acordo dentro dun código de boas prácticas”. Dixo que “obviamente, se as dúas partes están de acordo non fai falta unha Lei para regular a mediación”.

PAC

O parlamentario socialista esixiulle ao goberno galego que se poña a traballar para mellorar as repercusións da nova Política Agraria Común na conferencia sectorial de conselleiros de agricultura que se celebrará os próximos días 24 e 25 de xullo. Dixo que actualmente os gandeiros galegos son os “grandes damnificados” por esta reforma, si ben apuntou que “hai marxe para a mellora”.

Pablo García pediulle ao goberno galego que acade “medidas, capacidade de negociación e as alianzas” necesarias para mellorar a situación de Galicia e desbotou calquera tipo de documento que envíe o goberno galego logo dos antecedentes do documento asinado co sector para a Lei de Cadena Alimentaria.

Reclamou a mellora das condicións para os produtores galegos logo de constatar a caída das axudas dunha PAC que se presenta cos fondos reducidos nun 13 por cento e un incremento dos preceptores dos mesmos. Ademais, sinalou que a reforma mellora a situación dos mercados pero esquece aos produtores, e aí é onde debe traballar o goberno galego.

Así, propuxo que a reforma prime aos produtores activos garantindo por exemplo que coticen á Seguridade Social como agricultores, xa que dos 40.847 produtores de axudas que hai rexistrados en Galicia, 37.513 están afiliados á Seguridade Social. Sinalou que Galicia ten un 5 por cento dos preceptores de axudas pero percibe só o 3 por cento das mesmas.

Ademais, sinalou que, malia que a PAC prioriza á base territorial, existe un paquete de axudas acopladas para os produtores que fiquen fora deste criterio do que, dixo, pode beneficiarse o sector leiteiro galego, con pouca base territorial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar