Feijóo tima aos traballadores da Sanidade e á Seguridade Social con contratos "mesquiños, miserables, insuficientes e ilegais"

Feijóo tima aos traballadores da Sanidade e á Seguridade Social con contratos "mesquiños, miserables, insuficientes e ilegais"

Feijóo tima aos traballadores da Sanidade e á Seguridade Social con contratos "mesquiños, miserables, insuficientes e ilegais"

enfermerasA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe que o presidente da Xunta “está timando aos traballadores e á propia caixa da Seguridade Social”. Acuña presentou hoxe unha proposición non de Lei en Comisión para restaurar as condicións dos profesionais da enfermería, que foi rexeitada polo PP, constatando así “a mentira do seu suposto cambio en política sanitaria”.

A responsable socialista denunciou “contratos mesquiños, miserables, insuficientes e ademais ilegais” para os traballadores da sanidade pública, e á caixa da Seguridade Social, ao non cotizar polas fins de semana, “como afirma a propia inspección de traballo”.

Dixo que o goberno de Feijóo atenta así contra “os piares do sistema sanitario” ao recortar as plantillas de enfermeiros e enfermeiras e completalas con traballadores que teñen que afrontar ata 4 ou 5 servizos na mesma quenda.

O goberno galego, engadiu, camiña “no sentido contrario” á especialización da enfermería, paralizando a implantación das especialidades, reducindo persoal e expulsando fora do Estado aos profesionais “logo de gastar o diñeiro en formalos”.

“A conselleira marchou, pero os problemas quedan”, resumiu, para sinalar a Feijóo como “o ideólogo que ditaba as ordes” á ex conselleira Rocío Mosquera para desmantelar e privatizar a sanidade pública. Como mostra puxo a votación da iniciativa debatida hoxe, que obrigou a votar por puntos –ata seis diferentes- para “tomar a medida do seu cambio na política sanitaria”, que resultou “cero, xa que rexeitaron todas as propostas”.

Iniciativa

Os socialistas presentaron hoxe unha proposta para definir as presenzas de enfermería por paciente e quenda en cada especialidade hospitalaria, o que permite determinar as necesidades de cada servizo e polo tanto “saber cantos profesionais fan falta”.

Acuña reclamou tamén recuperar o plan de mellora de atención primaria e o de Saúde Mental, “ambos desterrados ao chegar Feijóo”, como vieiro para consensuar os recursos humanos e recoñecer as especialidades de enfermería. Deben ser estes profesionais, dixo, os que asuman o coidado e o seguimento os doentes crónicos e das demais doenzas contempladas nas súas especialidades.

Tamén reclamou eliminar a taxa de reposición e a eventualidade na contratación, recuperar os días de libre disposición e respectar as listas de contratación, así como seguir o Estatuto Marco no referente á xestión dos contratos destes profesionais en función das súas características, eventualidade, interinidade e propiedade.

Colectivo castigado

Advertiu que o colectivo de enfermería é “o mais castigado polos recortes e pola nefasta xestión sanitaria do PP”, cunha taxa de desemprego que triplica á de medicina, e “por cada praza de medicina destruída, o PP eliminou 8 de enfermería”, a pesar de que o numero de estes profesionais están en Galicia por debaixo dos mínimos imprescindibles e cunha ratio moi inferior o da media da UE.

Galicia conta hoxe, explicou, con 501 enfermeiros e enfermeiras por cada 100.000 habitantes, moi por debaixo dos 797 da media europea, por debaixo da media de 506 de España e moi lonxe dos 831 de comunidades autónomas como Navarra. España é, engadiu, o oitavo país da UE con menos profesionais da enfermería por habitante, por debaixo de Croacia, Romanía ou mesmo de Portugal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar