Feijóo tima aos galegos ao rexeitar o imposto á banca

Feijóo tima aos galegos ao rexeitar o imposto á banca

Feijóo tima aos galegos ao rexeitar o imposto á banca

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Feijóo de “timar aos galegos e galegas” ao renunciar a un imposto á banca para ter agora que pagarlle ás comunidades autónomas que impuxeron esta medida, tal e como explicou onte Montoro. Losada reclamou a comparecencia da conselleira de Facenda para explicar por qué renunciou aos 50 millóns de euros anuais que suporía esta medida.

A conclusión, dixo, é que “os fondos públicos galegos estarán dobremente afectados pola cabezonería dos dirixentes do PP” xa que “en primeiro lugar renunciamos a recadar o imposto, polo que hoxe non teremos compensación de ningún tipo, e ademais teremos que contribuír como o resto de España a pagar ás autonomías que si o aplicaron”.

Losada sinalou que, tal e como explicou onte o ministro de Facenda, o goberno obrigará ás comunidades autónomas a compensar a Andalucía, Canarias e Extremadura, que si que aplicaron o imposto á banca que reclamaban os socialistas galegos e que o PP rexeitou. O responsable socialista criticou que “o PP antepón a ideoloxía e os intereses das elites económicas fronte ás dramáticas necesidades dos galegos e galegas”.

O responsable socialista lembrou que o PSdeG-PSOE reclamou a aplicación dunha taxa aos depósitos bancarios que non fora trasladado aos depositantes e aos clientes. Este imposto, xa establecido naquelas comunidades autónomas, cumpría co obxectivo de redistribución da renda e de mitigar os graves efectos da crise nos sectores mais vulnerables da sociedade.

Sen embargo, explica, “o PP negouse a aplicar este imposto nunha lamentable mostra da súa ideoloxía e buscando escusas de mal pagador”. Apunta que o propio ministro Montoro desmontou onte o argumento do PP galego -que advertía do traslado do custe aos depositantes- cando recoñeceu que o traslado non se ía producir.

Puntualiza que “as escusas eran falsas, falaces e agochaban unha defensa radical dos intereses dos poderosos, neste caso os bancos, fronte aos débiles”. Lembrou ademais que “os socialistas denunciamos con contundencia a estratexia perversa do goberno de España de establecer un imposto semellante ao conxunto do país a tipo 0, blindando aos bancos fronte ás necesidades de incrementar a recadación das comunidades autónomas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar