Feijóo ten "un problema moi serio" porque non sabemos que pensa "de dous dos temas máis graves deste país", os incendios e o lácteo

Feijóo ten "un problema moi serio" porque non sabemos que pensa "de dous dos temas máis graves deste país", os incendios e o lácteo

Feijóo ten "un problema moi serio" porque non sabemos que pensa "de dous dos temas máis graves deste país", os incendios e o lácteo

Pablo García, voceiro de Medio Rural do grupo socialista, lamentou esta mañá na deputación permenente que o Parlamento “queira liquidar en sete minutos, cun mero trámite, dous dos problemas máis graves do país” como son os incendios e a crise do sector lácteo, e criticou que no acto de inicio de curso do PP en Soutomaior Rajoy e Feijóo “non tiveron nin medio minuto” para falar destas cuestións. García, que lembrou que os socialistas xa pediron a comparecencia do presidente da Xunta por estas cuestións hai un mes, afirmou que “Feijóo ten un problema moi serio” porque “falou moito destes temas e os feitos fóronlle quitando a razón”, polo que “debería ser o primeiro interesado” en comparecer. “Temos un presidente que non sabemos que pensa en absoluto sobre dous dos temas máis graves do país”, asegurou.

“Feijóo errou ou mentiu”, por iso “debe dar explicacións”, di o socialista. No referente aos lumes, Pablo García lembrou que Feijóo puxo xa como escusas “que os incendios empezaban a partir das nove da noite, que era a actividade dos pirómanos, culpabilizou aos Concellos... en definitiva, é un problema de todo o mundo menos del ”, dixo. Agora, días despois vemos como “na comarca da Limia o incendio empeza pola mañá, arden 3.000 hectáreas, é dicir, o mesmo que o ano pasado en toda Galicia, e asistimos a como os veciños teñen que combater o lume coas súas propias mans, granxas e casas ameazadas seriamente durante todo o día, motobombas que non tiñan puntos de auga cerca para cargar e auténticas escenas de pánico mentres o PP estaba en Soutomaior”, afirmou. “Se non tratamos este tema de forma estrutural, estamos abocados ao fracaso a pesares de gastarnos 100 millóns de euros ao ano simplemente en apagar lumes”.

Con respecto ao sector lácteo, o socialista apuntou que “non sabemos que vai defender o Goberno galego nin cal é a súa postura” para o cumio do Consello de Ministros a nivel europeo, nin tampouco “que defenderon na reunión sectorial de conselleiros”. García lembrou que Feijóo tachou aos socialistas de “catastrofistas” cando advertiron hai un ano da crise que ía asolar o sector, algo que era totalmente previsible. “Os gandeiros levan máis de un mes de mobilizacións ó longo do país, e o que teñen enriba da mesa é unha nova baixada de prezos nos novos contratos, e sen embargo non atopamos ningunha opinión do presidente a esta situación”, afirmou.

O deputado socialista criticou a actitude de “desleixo e falla de iniciativa política” de Feijóo, que calificaba este problema como unha das súas principais preocupacións. “Non nos podemos imaxinar cal é a actitude deste goberno naqueles temas que non son prioritarios”, ironizou. O socialista referiuse tamén ás verbas da conselleira, que di que apoiarán calquera proxecto industrial que supoña unha cooperativa para a transformación. “Saben se hai algún proxecto en marcha, falaron con alguén ou esperan a que os gandeiros se levanten un día e o fagan por ciencia infusa?”, preguntouse.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar