Feijóo ten que facer que o ministro levante o veto da AP-9, todo o demáis é claudicar

Feijóo ten que facer que o ministro levante o veto da AP-9, todo o demáis é claudicar

Feijóo ten que facer que o ministro levante o veto da AP-9, todo o demáis é claudicar

O portavoz parlamentario do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, falou esta mañá en rolda de prensa sobre a visita do ministro de Fomento a Galicia xunto con Feijóo. “O que ten que conseguir o presidente da Xunta se quere recuperar a credibilidade como representante de todos os cidadáns de Galicia é que o ministro de Fomento, que é compañeiro de partido, retire o veto ignominioso que o goberno de Rajoy ten posto á tramitación para a transferencia da AP-9 a Galicia”, dixo. “Todo o demais representará unha decepción e unha claudicación, e nós non imos avalar ese comportamento”.

 

Leiceaga criticou que o ministro “vén a lavar a cara pero con pouco xabrón”. Os seis millóns anuais que está disposto a aportar para eliminar a achega de recursos por parte da Xunta para as peaxes de Rande e A Barcala “son unha esmola”, afirmou. Así, lembrou que a redución dos investimentos para Galicia neste ano nos Orzamentos foi de 440 millóns de euros. “Redúcense 440 millóns e agora queren comprar as nosas conciencias con seis millóns de euros”, censurou.

 

O socialista apuntou tamén que “se o ministerio fixese as contas en relación cos ingresos que percibe a administración xeral do Estado derivados da AP-9, aínda aportando eses seis millóns de euros, as contas serían positivas para o Estado”. Polo tanto, “os galegos e galegas que circulamos pola AP-9 estamos xerando recursos netos para o Estado por unha infraestrutura privatizada ata o ano 2048 por medio dunha concesión e que xa está pagada”, dixo.

 

Con respecto ás obras na autoestrada, Leiceaga lembrou que a conexión de Sigüeiro foi aberta moi tarde pola presión veciñal cando hai un ano en precampaña dixeron que estaba lista. “Ese enlace e outras obras asociadas, como a conexión coa Cidade da Cultura, non as paga o ministerio de Fomento; ímolas pagar todos por unha suba de peaxes anunciada para o 1 de xaneiro de 2018. Pagámolas todos aínda que as inaugure o ministro”, afirmou. Por iso, “debemos ser conscientes de que esta visita ten únicamente un contido propagandístico”, insistiu. “Esixímoslle a Feijóo que restitúa a credibilidade da Xunta de Galicia e que lle esixa ao ministro a retirada do veto, porque se non non terá a nosa confianza”, rematou.

 

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar