Feijóo ten que explicar cómo lle vai prestar axuda sanitaria pública aos inmigrantes

Feijóo ten que explicar cómo lle vai prestar axuda sanitaria pública aos inmigrantes

Feijóo ten que explicar cómo lle vai prestar axuda sanitaria pública aos inmigrantes

O secretario de Sanidade do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que explique cómo cumprirá coa súa promesa de garantir asistencia sanitaria pública aos inmigrantes. Así o dixo logo da “manifesta incapacidade” do Goberno galego de defender a sanidade pública universal e que levou á conselleira de Sanidade a anunciar onte o suposto abuso da sanidade pública por presuntas mafias.

O responsable socialista considerou hoxe “unha desfachatez” que a propia conselleira de Sanidade teña aludido a poñer “exemplos irreais” como o suposto abuso da sanidade pública galega por parte de mafias rusas e colombianas. Dixo que “si fora certo a conselleira o que ten é que formular a denuncia correspondente, e de non selo ten que ofrecer unha rectificación inmediata”.

Miguel Ángel Fernández dixo que “os socialistas asistimos atónitos a unhas declaracións que semellan unicamente unha coartada para xustificar unha medida tan inxusta, incorrecta e lesiva para os mais necesitados” como é retirarlle a asistencia aos inmigrantes. Apuntou que esta “grave medida” está a ser amplamente criticada por profesionais e ONGs no noso país.

Explicou que “o que ten que facer a conselleira, si é coñecedora do uso ilícito da sanidade pública por parte de mafias de calquera nacionalidade é poñer o caso en mans da fiscalía”. Apuntou que “moito nos tememos que do que se trata é de desviar a atención e buscar xustificacións, aínda que sexa recorrendo á mentira, para tentar de xustificar unha mentira que é un ataque aos cidadáns máis necesitados”.

 Engadiu que “tódolos profesionais sanitarios que exercemos no Sistema Sanitario Público Galego somos moi conscientes de que os cidadáns inmigrantes non son os que mais frecuentan o sistema sanitario”. Por este motivo considera “aparentemente imposible que se dea o caso exposto pola conselleira, dun estranxeiro que veña en avión privado para pedir a súa inclusión na lista de espera dun transplante”.

Absoluta incapacidade

En opinión dos socialistas galegos “o que demostra a conselleira de Sanidade é a absoluta incapacidade do seu equipo e do goberno de Feijóo para defender un sistema sanitario público e universal para tódolos cidadáns galegos”.

Fernández lembrou que o presidente da Xunta ten anunciado a busca de “resquicios legais” para evitar que os inmigrantes sen papeis quedaran sen asistencia sanitaria. Esixiulle que “clarifique e garanta xa que en Galicia ninguén se vai quedar sen unha asistencia sanitaria pública e gratuíta” e que este colectivo vulnerable “non vai ter que pagar unha póliza privada de 700 euros para recibir asistencia sanitaria”.

Dixo que “a palabra do señor Feijóo cada día ten menos valor, porque a maioría das promesas que fai a diario non se cumpren, e se non que llelo digan aos cidadáns de Lugo, que aínda están a esperar a posta en marcha de tódolos servizos do Hospital Universitario de Lugo, que o presidente da Xunta comprometera para finais de 2011”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar