Feijóo ten que explicar a súa relación con Pablo Crespo, número 2 da Gürtel, e sobre os 21 millóns de pesetas do PPdeG relacionados coa trama

A viceportavoz do Grupo Socialista,Carmen Gallego, ven de reclamar ao Presidente Feijóo “que explique a súa relación con Pablo Crespo”, unha vez que se publicou que este recoñecera que na trama Gürtel había 21 millóns de pesetas que proviñan do PP de Galicia.

Recorda a parlamentaria socialista que cando Núñez Feijóo ocupou a titularidade de Política Territorial, cesou a todos os cargos que había en Portos de Galicia procedentes da etapa de Xosé Cuiña, anterior conselleiro, agás Pablo Crespo, que se mantivo no seu posto no organismo que presidía Carlos Negreira ata que os populares perderan as eleccións en 2005, dous anos despois.

Feijóo “ten que dar explicacións” desta relación e sobre o traspaso de diñeiro do PP á trama Gürtel. Espera Gallego que o Presidente galego “dea a cara e non faga como no outro caso das fotos inmorais co narcotraficante Marcial Dorado”. Criticou a deputada socialista que o titular do Executivo autonómico veña fuxindo das explicación e intentar devolverlle as preguntas á Oposición en lugar de darlle respostas “o que é a súa responsabilidade como Presidente”.

Pablo Crespo, era socio de Correa no tempo en que estaba con Feijóo na consellería e conselleiro en Portos, que adxudicaba obras á Constructora Hispánica, implicada na trama e cuxo presidente, Alfonso García Pozuelo, declarou días pasados ante o xuíz Ruz.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar