Feijóo sumou 80.000 parados dende a súa toma de posesión en 2009

Feijóo sumou 80.000 parados dende a súa toma de posesión en 2009

Feijóo sumou 80.000 parados dende a súa toma de posesión en 2009

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, lembrou que dende a toma de posesión de Feijóo, en abril de 2009, ata o pasado mes de abril, sumou un total de 80.000 parados mais. A responsable socialista sinalou que “sexa cal sexa o dato en Galicia” confírmase que as cifras do desemprego son sempre peores que no resto do Estado.

Gallego sinalou que “confírmase a tendencia de que cando medra o paro en Galicia o fai case o o dobre que en España e cando diminúe o fai á metade”, logo de coñecer que Galicia sumou 290.459 desempregados no mes de abril. Sinalou que o descenso con respecto ao mes anterior é do 0,25 por cento, moito menos que no conxunto do Estado, do 0,91 por cento.

A parlamentaria socialista engadiu que “dende o inicio de 2013 o paro incrementouse en Galicia nun 4,2 por cento, mentres que en España o incremento foi do 2,9 por cento”, ao que Feijóo respondeu reducindo os fondos contra o desemprego nun 40,37 por cento só en 2013.

Carmen Gallego reclamou que a Xunta aproveite a ampliación do teito de déficit permitido ás comunidades autónomas, de 0,5 por cento adicional que suporá un “balón de osíxeno” de 280 millóns de euros, para loitar contra o desemprego e blindar as políticas sociais. Aludiu así á proposta feita pública logo do Consello de Ministros do venres e que será rubricada nunha futura xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira.

Comparecencia

Os socialistas reclamaron a comparecencia urxente da conselleira de Facenda para “explicarnos de si vai aproveitar esta oportunidade” ou si polo contrario vai “persistir no erro, renunciar a loitar contra a crise e a recesión económica como ven facendo nos orzamentos e en todas e cada unha das propostas que lle facemos dende o Grupo Socialista”.

Lembrou que Feijóo ten rexeitado nos orzamentos ingresos de mais de 400 millóns de euros pola vía de novos imposto á banca, ás grandes áreas comerciais, empresas contaminantes, grandes fortunas e aos tramos mais altos do IRPF.

Lamentou que Feijóo teña mantido a súa aposta polo déficit cero “a costa de loitar contra o desemprego e blindar as políticas sociais”, como constatou no debate dos orzamentos para 2013. Lembrou tamén que o PP rexeitou unha proposición non de Lei en febreiro na que os socialistas solicitaban unha negociación co goberno de España para modificar os obxectivos de déficit, como ten feito o pasado venres.

Gallego sinala que a loita contra o déficit como única estratexia económica “supón a ralentización da actividade económica, recesión, mais paro, menos recadación fiscal e polo tanto mais déficit”. Isto supón “un grave problema para o conxunto da poboación con mais pobreza, provocando mais desigualdade e mais exclusión social”.

Comisión das caixas

A responsable socialista chamou ao PP a “entrar en razón” antes da aprobación, mañá martes, do plan de traballo da Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas, para incluír a documentación e as comparecencias solicitadas pola oposición de “todas aquelas persoas relacionadas coa fusión fracasada” que deixou a Galicia sen entidades financeiras.

Advertiu que “si non é así o obxectivo primixenio –da Comisión de Investigación- quedará fracasado”. Así o dixo logo de que a Mesa desta Comisión tan só incluíra o plan de traballo presentado polo PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar