Feijóo incumpre o compromiso orzamentario do 0,2% en cooperación para 2021

Feijóo incumpre o compromiso orzamentario do 0,2% en cooperación para 2021

Feijóo incumpre o compromiso orzamentario do 0,2% en cooperación para 2021

A portavoz de Voluntariado do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “incumprir cos seus compromisos” en materia de cooperación ao desenvolvemento. No debate do IV Plan Director de Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2018-2021, reclamoulle ao goberno galego que destine a estes fins o 0,2 por cento do orzamento da Xunta, tal e como tiña comprometido.

Os socialistas galegos votaron en contra do Plan Director, logo de constatar que o goberno galego tan só destina actualmente un 0,05 por cento, lonxe do 0,2 por cento ao que se comprometeran na estratexia galega de acción exterior, coa previsión de acadar menos do 0,1 por cento en 2021, e logo de que o PP rexeitara as 9 propostas de Resolución presentadas polos socialistas galegos.

A responsable socialista criticou o escaso interese do goberno galego para reforzar o orzamento de cooperación, moi afastado do compromiso do 0,7 por cento, e dixo que “despois de meses de negociación deron coa man esquerda o que quitaron coa dereita”. Así, lembrou que “aínda que introducen melloras estratéxicas, non corrixen a descoordinación cos concellos”.

Tampouco resolven, dixo, “o exceso de burocracia na xestión dos programas, o curtopracismo dos programas para que se desenrolen de forma continuada e planificada os proxectos, e sobre todo seguiremos tendo un orzamento absolutamente anémico”.

Lembrou que dende a chegada de Feijóo “investimos nesta materia a metade dos recursos que se destinaban en 2009” pasando de 11,6 a 5,02 millóns de euros, deixando de destinar a esta materia un total de 58,4 millóns de euros de xeito acumulado. Sinalou que “Andalucía investiu 8 veces máis, Euskadi 9 veces máis e Estremadura, con menos poboación que Galicia, dedicará este ano o dobre de recursos”.

Aquarius

Noela Blanco criticou que Galicia fora “os últimos de Filipinas en tender a man para acoller refuxiados do Aquarius” logo de nove comunidades autónomas e centos de cidades de España que se presentaron no primeiro momento, pero a Xunta “agardou ata o día seguinte, logo de que o Grupo Socialista rexistrara unha iniciativa solicitándoo”.

Criticou a resposta do PP á cooperación para o desenvolvemento, logo da resposta da Xunta, de que dende o goberno central devolveran o orzamento a niveis de hai 30 anos cun retallo de ata o 90 por cento en acción humanitaria. Tamén sinalou que Ourense, con goberno daquel partido, fora “a única cidade das 7 galegas que non ofreceu refuxio aos rescatados do Aquarius”.

Explicou que logo de que o goberno do PP fixera que España “estivera ausente da loita contra a desigualdade, a prol do desenvolvemento sostible e dos dereitos humanos”, foi a chegada de Pedro Sánchez quen “espertou o patriotismo solidario e envolveu a un país enteiro coa bandeira da solidariedade”.

Propostas de Resolución

O Grupo socialista presentou hoxe 9 propostas de Resolución como aportacións a este Plan, que foron rexeitadas en bloque polo PP, incluíndo a reclamación de incrementa o orzamento para acadar o 0,2 por cento do orzamento da Xunta en 2021, e de recuperar os programas de longa duración como instrumento de cooperación, que permitían planificar proxectos a medio prazo.

Tamén rexeitaron abrir unha liña de subvencións para fomentar a colaboración e intercambios entre as administracións locais galegas e criticar que a aplicación anual para o ano 2018 fora aprobada pola Xunta antes de que o Parlamento aprobara o Plan Director.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar