Feijóo sitúa a Galicia á cola do Índice de Produción Industrial

Feijóo sitúa a Galicia á cola do Índice de Produción Industrial

Feijóo sitúa a Galicia á cola do Índice de Produción Industrial

automóbilO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, situou hoxe a Feijóo como principal responsable dos catastróficos datos do Índice de Produción Industrial de Galicia. Como se ven de coñecer hoxe, no ano 2014 Galicia descendeu un 4 por cento, o peor dato de tódalas comunidades autónomas, mentres o conxunto de España medra un 1,4 por cento.

O responsable socialista apunta que estes datos “confirman as reiteradas denuncias do PSdeG-PSOE sobre unha política industrial baseada na publicidade e propaganda”, e “rebosante de titulares de prensa pero absolutamente baleira de contido”. O último exemplo, dixo, é a estratexia industrial de Galicia presentada onte polo presidente da Xunta.

Losada sinalou que “quen reduce os orzamentos en I+D+i de maneira sistemática dende o ano 09, cunha caída do 30 por cento, non pode simultaneamente falar dunha estratexia viable de internacionalización salvo que estea pensando noutro modelo económico baseado na redución drástica de salarios como única vía de competitividade”.

Explicou que a política industrial “ten que basearse en tres cuestións fundamentais que o goberno de Feijóo ten literalmente esquecidas”. En primeiro lugar, sinalou o papel fundamental da demanda, e que supón “renda dispoñible para os consumidores e as empresas”, que o PP está empeñado en estrangular a través de recortes, desemprego e pensións conxeladas que deixan á xente literalmente sen diñeiro”.

En segundo lugar sinalou a falla de financiamento, logo de que “como puidemos ver no proceso de fusión e venda das caixas galegas que tiña un erro de base por parte de Feijóo, quen esqueceu o obxectivo de proporcionar crédito a familias e empresas”. Finalmente, apuntou que “soamente unha aposta decidida pola investigación e a innovación permite á industria competir internacionalmente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar