García reta a Feijóo a persoarse no Parlamento para explicar o que sabe da Operación Campeón "ou que pida declarar no xulgado”

García reta a Feijóo a persoarse no Parlamento para explicar o que sabe da Operación Campeón "ou que pida declarar no xulgado”

García reta a Feijóo a persoarse no Parlamento para explicar o que sabe da Operación Campeón "ou que pida declarar no xulgado”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, reclamoulle hoxe a Feijóo que en vez de anunciar que a Xunta se persoará na causa da Operación Campeón o que ten que facer “é persoarse el mesmo no Parlamento de Galicia, como lle ten pedido o PSdeG, para explicar todo o que sabe sobre a operación Campeón”.

De non facelo, explicou Pablo García, “o que debería facer é ir ao xulgado e a declarar para contarlle a xuíza a súa relación con Dorribo, o que falaron na reunión que tiveron no seu despacho e a relación entre esta reunión e a posterior concesión por parte do seu goberno de axudas por importe de 4 millóns de euros ás empresas de Dorribo”.

García lembroulle a Feijoo que hai seis altos cargos do seu Goberno imputados en este caso, e que a trama xurdiu tras unha reunión que o propio Feijóo mantivo co empresario imputado, Jorge Dorribo, no seu propio despacho.

Lembrou tamén que esta reunión foi organizada por Pablo Cobián, deputado do PP que presentou a súa dimisión despois de que Dorribo afirmase que cobraba comisións a cambio, precisamente, de organizarlle reunións como a que mantiveron Feijoo e o empresario lucense.

“Todos os indicios sitúan a Feijóo no medio destra trama”, sinalou García, polo que considerou que “ademais de declararse ‘espectador interesado’ no caso, debería contar todo o que sabe e deixarlle claro aos galegos e galegas cal é a súa relación con todo o sucedido arredor desta empresa e das subvencións recibidas”.

O socialista esixiu a Feijóo “que diga a verdade e que explique á cidadanía por que despois de manter unha reunión con Dorribo, a instancias de Pablo Cobián, Nupel recibiu axudas por parte da Xunta”.

“Ten dúas opcións: explicalo no Parlamento, como lle pide o PSdeG, ou no xulgado. O resto son fogos de artificio para distraer a atención”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar