Feijóo segue sen comprometerse co Morrazo no seu último ano de mandato

Feijóo segue sen comprometerse co Morrazo no seu último ano de mandato

A deputada socialista Carmen Gallego criticou que “o goberno de Núñez Feijoo presentounos onte no Parlamento de Galicia os que son os últimos orzamentos desta lexislatura, o ultimo orzamento de Feijoo como Presidente”.

Dixo que “son orzamentos pouco creíbles, porque se afirma que se baixan os impostos, que non se endebeda máis e que soben os ingresos”. Engadiu que “tódalas previsións de crecemento económico e de emprego de todos os orzamentos do Sr. Feijoo dende que é Presidente fallaron sempre, nada nos induce a pensar que este poida ser o primeiro ano que acerten”.

“Ao noso xuízo –engadiu- os ingresos da CCAA están inflados para poder decir que todas as Consellerías soben os orzamentos, pero a medida que vaia pasando o ano veremos cómo moitas das partidas pintadas nos orzamentos non se executan nunca, porque en realidade ese diñeiro non existía. Era pura propaganda”.

A pesares de ser uns orzamentos “claramente electoralistas”, dixo, “de novo esquecen a comarca de O Morrazo, posto que ningún dos grandes investimentos que se habían comprometido polos gobernos anteriores foi capaz de levalo a cabo o Presidente Feijóo”.

“Iso sí, para este ultimo ano se comprometen preto de 18 millóns de euros para o desdobramento do Corredor de O Morrazo”, puntualizou Carmen Gallego. Pero, engade, “levamos 6 anos de retraso sobre os inicios da obra, que só está adxudicado o primeiro tramo de apenas 3 quilómetros, e que non é a primeira vez que se pintan uns números no orzamento e logo non se executan”-.

A deputada do Morrazo dixo que “mesmo para este ano estaban consignados algo máis de 2 millóns de euros, que dado o avanzado do calendario, consideramos de imposible execución”. “Baste recordar, sinala, os tantas veces orzados centros de saúde que nunca se chegaron a construír e agora desapareceron definitivamente dos orzamentos”.

Lamenta que “desapareceron ao longo dos anos do goberno Feijóo os centros de saúde, os investimentos nos centros educativos, as actuacións nos portos pesqueiros e nas áreas empresariais e o intento de comunicar todo O Morrazo entre si coa construción da variante de Bueu ou a mellora nas conexións entre Moaña e Vilaboa a altura da Ponte de Rande”.

Cifras de investimento real:

49.000 euros para a variante de Cangas

300.000 euros para o tramo da Seara do paseo marítimo de Moaña

50.000 euros da parte que lle corresponde á Xunta de Galicia no Convenio asinado co Concello de Moaña para o paseo marítimo da Xunqueira

En Bueu e Vilaboa non hai ningún investimento orzado. Figuran dúas partidas na APLU de 365.000 euros en Vilaboa e 40.000 euros en Bueu para obras de demolición -non é un investimento senón gasto corrente-

Adxudicación a Marín dun investimento de 159.000 euros para a mellora dun colector xeral que logo na Memoria se aprecia que é da EDAR de Placeres

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar