Feijóo secunda a política educativa de Rajoy e Wert para "cambiar equidade por elitismo"

Feijóo secunda a política educativa de Rajoy e Wert para "cambiar equidade por elitismo"

Feijóo secunda a política educativa de Rajoy e Wert para "cambiar equidade por elitismo"

Guillermo Meijón alerta dun recorte de entre 1.500 e 2.000 docentes e preto de 500 profesores universitarios en Galicia.

O recorte de 60 millóns de euros nos programas de cooperación territorial supoñen a perda de 50 escolas infantís e 2.500 prazas só en Galicia.

O coordinador dos deputados e senadores do PSdeG e portavoz adxunto de Educación do PSOE no Congreso, o galego Guillermo Meijón, acusou hoxe ao presidente da Xunta de secundar co seu apoio expreso a política educativa de Rajoy e Wert. Acusou ao PP de “cambiar equidade por elitismo” e que teñen como obxectivo converter a educación pública nunha “escola de beneficencia”.

Advertiu que os recortes impostos polo PP no Goberno central e na Xunta supuxeron a desaparición de 472 prazas na Universidade -394 docentes e 78 administrativos-. O balance é aínda mais dramático na educación xeral, onde o Goberno central recoñece a desaparición de 396 docentes, aos que se engaden os 1.195 admitidos pola Xunta para o curso de 2012, un total de 1.600 docentes que os sindicatos elevan a 2.000.

Meijón fixo hoxe un balance do impacto dos recortes aplicados polo goberno central ao ensino público, advertindo dunha redución de 60 millóns de euros nos programas de cooperación territorial correspondentes a Moncloa. Neste recorte súmase en primeiro lugar a redución de 15 millóns do programa Educa3, para garderías de 0 a 3 anos, o equivalente a 50 escolas infantís e un total de 2.500 prazas.

O programa Proa, de orientación e apoio ao alumnado, veu cómo se lle recortaban 15 millóns de euros no mesmo período, ao que hai que sumar 20 millóns de euros do programa de informatización Escola 2.0, e outros 4 millóns dos programas de linguas estranxeiras.

Bolsas

O deputado socialista censurou a redución drástica da equidade no sistema de bolsas ao “reducir as axudas e incrementar o número de alumnos”. Lembrou que o goberno central suprimiu as axudas para libros de texto, o programa Séneca e as bolsas de mobilidade na universidade, mentres reduciu as bolsas Erasmus e aumentou as taxas universitarias.

Mentres, advertiu, os beneficiarios “reciben as bolsas tarde, mal e arrastro, moitas veces sen saber de qué contía van dispoñer”, o que “dificulta notablemente as posibilidades de estudar das persoas con maiores dificultades. Mentres, en Galicia “temos a mostra da cicatería da Consellería de Educación, que pretendía quitarlle as axudas a quen mais o necesitaba, os nenos e nenas de educación especial”.

O goberno pecha o cúmulo de despropósitos no ensino coa aplicación da Lomce “no medio do caos auténtico”, cos colectivos de educación e as propias comunidades autónomas reclamando o retraso dun ano no calendario. Sinalou que hoxe, co curso comezado “non saben dos contidos para incluír nos libros de texto”.

A implantación da nova normativa “con precipitación e alevosía constitúe “un auténtico escándalo” do que non escapa o goberno galego, que concedeu a súa complicidade co goberno central, situándose “de costas á comunidade educativa e ao conxunto da cidadanía”.

Equidade

Meijón lembrou que foi precisamente a LOE, a norma previa elaborada polo goberno socialista, a que estaba a conseguir a redución das taxas de fracaso e abandono escolar. Apuntou que antes da chegada de Rajoy e Wert España lideraba, xunto con Finlancia, os parámetros de igualdade educativa, uns resultados que están sendo “dilapidados” polo PP.

O panorama para os próximos anos é ademais “abrumador”, xa que logo da redución de 6.688 millóns de euros no sistema educativo, Rajoy tense comprometido na UE a rebaixar o PIB destinado á educación ao 3,9 por cento en 2015, un retroceso de 27 anos e un recorte de mais de 12.000 millóns de euros.

Ademais, o propio De Guindos ten acadado o compromiso de recortar, para o ano 2018, 40.000 millóns de euros en infraestruturas sociais e educativos e 30.000 no gasto en funcionarios. Estas cifras anticipan un novo recorte logo de tres anos de goberno, nos que o PP reduciu 30.000 efectivos no ensino público, dos que 28.027 son docentes, e outros 5.669 na universidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar