Feijóo sacrifica ás xeracións mozas mellor preparadas no altar da austeridade

Feijóo sacrifica ás xeracións mozas mellor preparadas no altar da austeridade

Feijóo sacrifica ás xeracións mozas mellor preparadas no altar da austeridade

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Feijóo de “sacrificar ás xeracións mozas no altar da austeridade” aplicando unha política “fracasada” que “todo o que lles pode ofrecer é explotación ou emigración”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, que centrou nunha política de xuventude “cada día mais ineficaz e dedicada exclusivamente á propaganda”.

O responsable socialista presentou datos oficiais para desmentir ao presidente da Xunta e constatar a emigración de en torno a 80.000 mozos e mozas galegos nos seis anos de goberno de Feijóo. De acordo co IGE, en torno a 13.000 mozos galegos marchan cada ano de Galicia, co que o goberno galego “literalmente liquida o futuro do país” que ve cómo “cada ano condena a emigrar a unha xeración enteira”.

Os mozos e mozas de Galicia son “invisibles, simplemente inexistentes” para as políticas do goberno galego, que ten o mérito de acadar o número de ocupados mozos mais baixo da historia, tamén de acordo cos datos oficiais. Así, de acordo cos datos do IGE, a taxa de ocupación pasou do 46,3 por cento en 2010 ao 34,1 por cento en 2014, e a taxa de paro pasou do 27 por cento en 2010 ao 38 por cento en 2014.

Grazas ao fracaso das políticas do goberno galego, Galicia perdeu 4 de cada 10 empregos xuvenís –o 40 por cento-, e ademais de ter menos mozos ocupados que nunca, o 90 por cento só atopan traballo en condicións precarias, moitos deles por debaixo do salario mínimo e en empregos de baixa cualificación.

Méndez Romeu sinalou que os mozos e mozas mais cualificados da historia de Galicia teñen que marchar e exercer empregos por debaixo da súa cualificación pero mellor retribuídos que en Galicia ou con maior estabilidade. Mentres, só o 15 por cento dos que non traballan teñen protección de desemprego, e o goberno fixo desaparecer a política de vivenda protexida para mozos e mozas.

O responsable socialista resumiu que “sen traballo nin vivenda, os mozos son invisibles, aínda que os queiran debullar en fila -supoñemos que na cola do paro- en Ourense nunha imaxe de tinte claramente sexista”, en alusión á portada do programa electoral do PP daquela cidade.

Fomento da contratación

O responsable socialista salientou o fracaso de tódalas iniciativas do goberno galego supostamente dirixidas a fomentar a contratación xuvenil, como é o caso do Plan Estratéxico da Xuventude, que prevía un investimento de 70 millóns de euros no último ano e que “deixou o 60 por cento sen executar”.

Mentres Feijóo reduce o programa de política xuvenil a unha terceira parte “agora inventa programas de nome pomposo” como o Deseña o Teu Futuro, que “supón 85.000 euros a repartir entre 315 concellos e outros 45.000 para tódalas organizacións xuvenís sen ánimo de lucro”. Ao mesmo tempo, a Garantía Xuvenil Europea aplicada por Rajoy foi “un fracaso que chegou a menos do 3 por cento dos mozos potencialmente beneficiarios”.

Demografía

Méndez Romeu acusou a Feijóo de “deixar un erial industrial, un ermo laboral e un país envellecido sen savia nova”, cunha constante caída da taxa de nacementos dende os 22.537 de 2009 aos 19.727 de 2013, tamén de acordo cos datos oficiais do IGE. O responsable socialista desmentiu así ás afirmacións do presidente da Xunta, que mentiu ao afirmar que hoxe hai mais nacementos que co goberno presidido por Touriño.

Advertiu que mentres os expertos estiman que para manter a taxa de natalidade sería preciso que Galicia acollera a 20.000 mulleres novas cada ano, o goerno galego converteu o seu plan demográfico en “papel mollado”, un programa “que non vale para nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar