Feijóo, Rueda e Baltar fillo deben dar conta da trama de corrupción da Deputación de Ourense

Feijóo, Rueda e Baltar fillo deben dar conta da trama de corrupción da Deputación de Ourense

Feijóo, Rueda e Baltar fillo deben dar conta da trama de corrupción da Deputación de Ourense

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, instou hoxe a Feijóo, Rueda e Baltar fillo a dar conta da súa “tolerancia e connivencia” coa “trama de corrupción” para utilizar a Deputación de Ourense para contratar axentes electorais do PP. Dixo que “deben dar contas tódolos axentes políticos que claramente se beneficiaron destas tramas”.

O portavoz do Grupo Socialista dixo así, en resposta ás preguntas dos xornalistas, que tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e o actual presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, deben dar conta da súa “tolerancia e connivencia co uso da Deputación de Ourense como axente electoral do PP e non como instrumento para o desenvolvemento da provincia”.

Logo da admisión a trámite da querela da fiscalía contra o ex presidente da Deputación, José Luis Baltar, por un presunto delito de prevaricación continuada, dixo que “tódolos implicados, e non só Baltar sénior, deben dar contas” destas prácticas.

Lembrou que os socialistas galegos “vimos denunciando unha trama xeneralizada de corrupción na Deputación de Ourense para derivar fondos públicos a empregar a axentes electorais do PP”, que ven de ser confirmada coa admisión a trámite, hoxe, da querela contra José Luis Baltar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar