Feijóo rexeita no Parlamento derrogar a Lei de Taxas Xudiciais

Feijóo rexeita no Parlamento derrogar a Lei de Taxas Xudiciais

Feijóo rexeita no Parlamento derrogar a Lei de Taxas Xudiciais

Beatriz Sestayo cualificou esta normativa coma “unha das mais perigosas da democracia”

Preguntou “qué pretenden impoñendo unha taxa de 300 euros a unha muller ou home que se quere divorcia, qué pretenden impoñendo a un traballador que recorra o seu despido cando lle impoñen unha taxa de 500 euros, qué pretenden impoñendo unha taxa a quen pretende recorrer unha sanción policial?”

Dixo que para o PP e para o Goberno de Feijoo “a Xustiza convérsese nun instrumento recaudatorio , segregador ,discriminatorio e disuasorio uníndose aos servizos públicos que debullan abismos sociais entre ricos e pobres”

Advirte que quen máis enche o peito na defensa da Norma Magna, agora “son os que a pisotean continua e persistente para avasalar aos vulnerables e enriquecer aos poderosos”

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, reclamou hoxe no Pleno do Parlamento ao Goberno de Feijoo que derrogue inmediatamente a Lei de taxas xudiciais.

Ademais demandou que subsidiariamente adopte as medidas necesarias para excluír ás persoas físicas como suxeitos obrigados ao pago das taxas xudiciais, e a garantir que ninguén quede vedado ou limitado no acceso á xustiza por non poder facer fronte ao pago das taxas..

A parlamentaria socialista cualificou esta normativa coma “unha das mais perigosas da democracia”. Asegura que con esta proposta o Goberno de Feijoo ten a posibilidade de “marcar unha traza vermella fronte a un goberno central desbocado , un Rajoy noqueado e un Ministro de Xustiza que ten o mérito indiscutible de unir por primeira vez na historia a tódalas persoas que interveñen na nobre tarefa de administrar Xustiza”

A maiores lembrou as mobilizacións e protestas de avogad@s ,procuradores, funcionarios, xuíces, fiscais, secretarios e usuarios que non deixan ningunha dúbida sobre o rexeitamento a esta proposta .

A deputada di que “a Lei de Tasas vulnera fragantemente o dereito á tutela xudicial efectiva recollido no artigo 24 da Constitución non é xa unha novidade”. Advirte que quen máis enche o peito na defensa da Norma Magna, agora “son os que a pisotean continua e persistente para avasalar aos vulnerables e enriquecer aos poderosos”. Neste punto lembrou a sentencia do Tribunal Constitucional respecto ao seu intolerable rexeitamento para prestar asistencia sanitaria ás persoas inmigrantes, “clasismo, xenofobia, especulación”, e insistiu ”isto é lamentable”.

Asevera que a dereita máis extrema esta instalada neste país “e lévanos a un Estado Policial onde as agresións non teñen defensa ,onde o abuso de poder pode quedar impune ,onde a xustiza só dará acougo a aqueles que poidan pagalo”, espetou.

Sestayo dixo que para o PP e para o Goberno de Feijoo “a Xustiza convérsese nun instrumento recaudatorio , segregador ,discriminatorio e disuasorio uníndose aos servizos públicos que debullan abismos sociais entre ricos e pobres”, e puxo como exemplo o a publicación no boletín oficial entre a diferencia entre PSR e PCR ,Persoas Sen Recursos e Persoas con Recursos .

Subliña que o PP “é servidor dunha ideoloxía reaccionaria ,absolutista ,inxusta ,extrema e cruel ,unha vez máis deudores de intereses escuros dos que non dubidan en converterse en servos á costa do sacrificio ,entre outros ,da Declaración Universal de Dereitos Humanos”.

A parlamentaria afirma que o PP “constrúe un estado absolutista con apariencia democrática”. Advirte que o PP “a golpe de taxas pretende aborregar unha sociedade dobregada, pero non vencida, e algún dia reverteremos todos e cada un das agresións perpetradas contra o pobo e sairán vostedes dos seus cargos ca vergoña de ser os cancerveiros do século XXI”.

E preguntou “qué pretenden impoñendo unha taxa de 300 euros a unha muller ou home que se quere divorcia, qué pretenden impoñendo a un traballador que recorra o seu despido cando lle impoñen unha taxa de 500 euros, qué pretenden impoñendo unha taxa a quen pretende recorrer unha sanción policial?”, resumiu.

Por ultimo lembrou que o PSOE está a prantexar un recurso de inconstitucionalidade contra unha “lei infame”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar